«Corde della mia chitarra» (en galego: «Cordas da miña guitarra») é unha canción composta por Mario Ruccione e interpretada en italiano por Nunzio Gallo. Lanzouse como sinxelo en 1957 mediante Odeon. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1957.
Festival de Eurovisión 1957 miniatura|esquerda|Nunzio Gallo, intérprete da canción, en 1956. Selección «Corde della mia chitarra» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1957.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada polo cantante italiano Nunzio Gallo. A orquestra foi dirixida por Armando Trovajoli.
Foi interpretada en cuarto lugar, seguindo ao Reino Unido con Patricia Bredin interpretando «All» e precedendo a Austria con Bob Martin interpretando «Wohin, kleines Pony?». Ao final das votacións, a canción recibiu 7 puntos, obtendo o sexto ppsto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Italia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Sinxelos de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Italia en Eurovisión