Maria da Conceição de Deus Lima, nada en Santana o 8 de decembro de 1961 e finada en San Tomé o 15 de maio de 2026, foi unha escritora de San Tomé e Príncipe, coñecida como Conceição Lima.
Traxectoria
Estudou xornalismo en Portugal, e licenciouse en Estudos Afro-Portugueses e Brasileiros no King's College de Londres. Traballou na radio, televisión e na prensa escrita en San Tomé e Príncipe. En 1993 fundou o semanario independente O País Hoje, que dirixiu até a súa desaparición. Residiu e traballou como xornalista e produtora dos servizos de lingua portuguesa na BBC.
Comezou a escribir sendo nena. En 1979 participou en Angola na sexta Conferencia de Escritores Afro-Asiáticos. Publicou poesía en xornais, revistas, e antoloxías en varios países. Estaba considerada unha poeta do período poscolonial..
Obras O Útero da Casa (2004) A Dolorosa Raiz do Micondó (2006) Manual de Teoria da Tradução (2010) Dupla Tradução do outro cultural em Luandino Vieira (2010) O País de Akendenguê (2011) La Dolorosa radice de Micondò (2014) Quando Florirem Salambás no Tecto do Pico (2015)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de San Tomé e Príncipe Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en San Tomé e Príncipe Categoría:Finados en 2026 Categoría:Escritores en lingua portuguesa