«Für zwei Groschen Musik» (en galego: «Música por dúas moedas») é unha canción composta por Friedrich Meyer e interpretada en alemán por Margot Hielscher. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager 1958.
Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Margot Hielscher interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Für zwei Groschen Musik» cualificouse para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager 1958.
No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante alemá Margot Hielscher. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Ma petite chatte» e precedendo a Austria con Liane Augustin interpretando «Die ganze Welt braucht Liebe». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o sétimo posto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alemaña no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Alemaña en Eurovisión