O carrán do Caspio ou carrán caspioPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Hydroprogne caspia, antes Sterna caspia) é unha especie de ave caradriforme da familia dos estérnidos que se encontra en todos os continentes menos o antártico. En Galicia é unha ave accidental. É a única especie dentro do xénero Hydroprogne e non se recoñecen subespecies.del Hoyo J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. (1996). Handbook of the Birds of the World 3: 645. Lynx Edicions ISBN 84-87334-20-2. O nome do xénero vén do grego hydros, 'auga' e do latín progne, 'andoriña'.

Descrición

miniatura|esquerda|Adulto con plumaxe de inverno. Caracterízase polo seu gran tamaño, xa que mide entre 47 e 54 cm e ten unha envergadura de 130–145 cm,Beaman, M. y Madge, S. (1998) Guía de identificación de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. P. 450. Ed. Omega ISBN 84-282-0946-4 cun peso de 574 a 782 g, polo que é a maior ave da familia dos carráns. As partes superiores do seu corpo son de cor gris clara e as inferiores brancas agás a parte inferior das primarias, que é de cor gris máis escura. O bico é robusto e vermello, coa punta manchada de negro. As patas son negras. Os adultos en verán teñen o píleo e a caluga negros e en inverno faise xaspeado frontalmente con manchiñas brancas. A súa chamada é un potente grallido similar ao das garzas.Mullarney, K., Svensson, L., Zetterström, D., & Grant, P. J. (1999). Collins Bird Guide. Collins ISBN 0-00-219728-6.

Taxonomía

Anteriormente estaba clasificada dentro do numeroso xénero Sterna pero na actualidade está incluída no seu propio xénero, Hydroprogne.B<jörn Anderson, Erling Jirle & Lars Svensson (2007) Förändringar i listan över Holarktis fåglar - Rapport Nr 2 från SOF:s taxonomikommitté, Vår Fågelvärld, nr.1, 2007, sid 16-17.

A especie foi descrita por primeira vez arredor de 1770 por Peter Simon Pallas e Ivan Ivanovitch Lepechin, independentemente. Pallas deulle o nome científico de Sterna caspia porque a encontrou no mar Caspio, mentres que Lepechin deulle un nome onomatopeico Hydroprogne tschegrava. Terminou adoptándose o nome binomial de Sterna caspia que se utilizou durante máis de dous séculos, ata que se determinou que debía separarse nun xénero propio, polo que desde 2005 o seu nome é Hydroprogne caspia.

Malia a súa ampla área de distribución, actualmente non se recoñecen subespecies diferenciadas nesta especie, aínda que no pasado as poboacións de Australia e Nova Zelandia agrupábanse na subespecie Hydroprogne caspia strenua, pero terminou desbotándose esta subdivisión ao non se atoparen diferenzas cos exemplares do resto do mundo.

Distribución e hábitat miniatura|Carrán do Caspio en voo coa plumaxe de inverno. A súa área de distribución é moi ampla, case global pero non é unha ave abundante. Os seus hábitats reprodutores son os grandes lagos e as costas oceánicas de Norteamérica (incluídos os Grandes Lagos), Europa (principalmente arredor do Báltico e o mar Negro), Asia, África e Australasia (Australia e Nova Zelandia). As poboacións americanas migran cara ao sur ata as costas do Caribe e o norte de Suramérica. As poboacións europeas e asiáticas tamén migran ao remataren a tempada de cría para pasaren o inverno nas zonas tropicais de África e Asia. As poboacións africanas e de Australasia son sedentarias ou desprázanse a curtas distancias.

A poboación global é dunhas 50 000 parellas, o número das poboacións da maioría das rexións é estable, mais a poboación do Báltico (con 1 400–1 475 parellas a principio da década de 1990) está en declive e a súa conservación está en risco.Snow, D. W., & Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic Edición abreviada OUP ISBN 0-19-854099-X. miniatura|esquerda|Carrán do caspio en busca de alimento. O carrán do Caspio é unha das especies ás que se aplica o Acordo sobre a Cconservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).

Comportamento

Alimentación

Aliméntase principalmente de peixe, que atrapa mergullándose na auga tras pairar estática por riba para localizar a súa presa e lanzarse en picado sobre ela. Ocasionalmente tamén come insectos grandes, ovos e polos doutras aves e algún roedor. Pode voar máis de 60 km desde a súa colonia de cría para conseguir peixe. A miúdo pesca en lagos de auga doce ademais de no mar. miniatura|Adulto protexendo os seus polos.

Reprodución miniatura|Ovo de Hydroprogne caspia Cría en primavera e verán, xeralmente entre maio e xuño. Pon dun a tres ovos de cor verde azulada clara salferidos de numerosas pintas pardas, nun niño que non é máis que un oco superficial no chan de area ou grava. Aniña en colonias que poden ser exclusivas da súa especie ou xunto a outros carráns e gaivotas. A incubación dura de 26 a 28 días. Os polos teñen un padrón de cor variable que vai desde o crema claro ao pardo cincento; esta variación pode axudar a que os adultos recoñezan os seus propios fillos cando volven á colonia das súas incursións de pesca. Os polos emplumen entre os 35 e 45 días de vida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha, fotos e vídeos en Internet Bird Collection.

Categoría:Estérnidos Categoría:Animais descritos en 1770