«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» (en galego: «Esta noite queremos ir bailar») é unha canción composta por Helmut Zander e interpretada en alemán por Alice e Ellen Kessler. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Polydor Records. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1959 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá ARD.

Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Alice e Ellen Kessler, intérpretes da canción, en 1965. Selección «Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» foi seleccionada para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1959 pola emisora alemá ARD.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polas cantantes alemás Alice e Ellen Kessler. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo aos Países Baixos con Teddy Scholten interpretando «Een beetje» e precedendo a Suecia con Brita Borg interpretando «Augustin». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 11.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alemaña no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Alemaña en Eurovisión