Luís María Linde de Castro, nado o 15 de maio de 1945 en Madrid, é un economista do Estado español que, entre outros cargos, foi gobernador do Banco de España entre 2012 e 2018.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e con 24 anos conseguiu un posto de funcionario do Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado como número un da súa promoción.
Entre 1971 e 1973 foi xefe da Oficina de Balanza de Pagamentos no Ministerio de Comercio. Foi conselleiro comercial da embaixada de España na Unión Soviética entre 1974 e 1978 e secretario xeral técnico do Ministerio de Economía entre 1978 e 1982. En 1983, foi nomeado subdirector xeral e xefe de Operacións Exteriores do Banco de España e, en 1987, director xeral do Departamento Estranxeiro. En 1989, foi unha das poucas persoas en coñecer cando exactamente a peseta ía pasar formar parte do Sistema Monetario Europeo, operación delicada posto que calquera filtración aos mercados ou á prensa poderían estragar-la estratexia deseñada.
En 1996, na súa publicación Los mercados de divisas: virtualidad del SME y posibilidades de la moneda única europea consideraba que «a implantación da moeda única -euro- formula problemas técnicos, legais e políticos, e non é completamente seguro que finalmente se leve a cabo na forma prevista no Tratado de Maastricht». Entre 2005 e 2008 foi director executivo por España no Banco Interamericano de Desenvolvemento.
O 25 de maio de 2012 substituíu a Vicente Salgas como conselleiro do Banco de España e, uns días despois, o 7 de xuño, foi nomeado Gobernador do Banco de España trala dimisión de Miguel Ángel Fernández Ordóñez. Finalmente, tomou posesión do seu cargo o 11 de xuño. Entre os outros candidatos que se barallaban estaban José Manuel González-Páramo e Fernando Becker. O seu nomeamento produciuse dous días antes de que España solicitara o rescate europeo e durante a súa etapa, o Bando de España, recibiu críticas pola súa actuación respecto da crise bancaria. Así a todo, mantivo unha postura neutral sobre a política económica do momento.
Debido a que Linde cumpría 70 anos a metade do seu mandato en maio de 2015 e a Lei de Autonomía do Banco de España fixaba como causa de cesamento o cumprimento de setenta anos de idade, o Goberno decidiu suprimir ese apartado e aproveitou para elimina-la necesidade de que o mandato de gobernador e subgobernador fóra simultáneo polo que xa o cesamento do gobernador non necesariamente implicaba o do subgobernador.
Obra
Recoñecementos
Medalla de ouro de comercio da URSS Encomenda ao Mérito Civil (1978)
Outras actividades Organizacións internacionais
Fondo Monetario Internacional (FMI), membro suplente ex oficio da Xunta de Gobernadores (2012-2018)
Organizaciones sen fins de lucro
Presidente da Fundación pro Real Academia Española, como presidente do Banco de España. Membro da xunta directiva do Instituto de Crédito Oficial (ICO) Membro do Padroado da Fundación Princesa de Asturias, como presidente do Banco de España
Xuntas corporativas
Asesor do Consello de Administración da Compañía Española de Crédito á Exportación (CESCE) (2009-2011)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Ligazóns externas Ficha do libro Don Pedro Girón, Duque de Osuna Perfil da web do Banco de España
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid