Jan-Ove Waldner, nado en Estocolmo o 3 de outubro de 1965,Jan-Ove Waldner profile . Swedish Table Tennis FederationBiography of WALDNER Jan-Ove . ITTF. é un xogador de tenis de mesa retirado sueco. Foi coñecido como "o Mozart do tenis de mesa",Bishop, G. (23 de agosto de 2008). A Swedish face for China’s beloved sport. The New York Times.Clarey, C. (23 de agosto de 2004). For 'table tennis Mozart,' few high notes. International Herald Tribune. e está considerado un dos mellores xogadores de tenis de mesa de todos os tempos. É unha lenda do deporte en Suecia e na China, onde é coñecido como 老瓦 Lǎo Wǎ ("Vello Waldner") ou 常青树 Cháng Qīng Shù ("Árbore Sempre Verde"),Jan-Ove “Evergreen” Waldner – Table Tennis Legend. Game Tables Online a causa da súa extraordinaria lonxevidade e competitividade.
Traxectoria Jan-Ove Waldner naceu en Estocolmo en 1965. O seu potencial deportivo foi recoñecido dende moi novo e destacou en 1982 cando chegou á final do Campionato Europeo con dezaseis anos, perdendo contra o seu compañeiro manicho Mikael Appelgren, que nese momento era considerado o sucesor lóxico do Campión do Mundo sueco Stellan Bengtsson. Mentres aínda estaba a desenvolver o seu xogo, Waldner, xunto con outros xogadores suecos, viaxou a un campo de adestramento de nivel nacional na China, e sorprendeuse pola dedicación e a solidariedade dos xogadores chineses. Dende entón indicou que aprendera moito da súa estadía, e a partir de aí estableceu o seu obxectivo primordial de obter o éxito no tenis de mesa.
Na China, país que adora o tenis de mesa, é sen dúbida o sueco máis coñecido, é un dos deportistas máis célebres. Está considerado como o xogador tecnicamente máis completo de todos os tempos, e case sen discusión o xogador non chinés de máis éxito.
Recibiu a Medalla de Ouro Svenska Dagbladet Gold Medal en 1992.
En 2010 Waldner gañou o seu noveno campionato de Suecia contra Pär Gerell, que naceu o mesmo ano que Waldner gañou o seu primeiro título de campión nacional.
Xogou para TTC Rhön-Sprudel Fulda-Maberzell na Bundesliga alemá ata maio de 2012. Ese mes, Stefan Frauenholz, presidente de Fulda-Maberzell, confirmou que Jan-Ove Waldner finalizara o seu contrato co club. Esta foi a fin da súa carreira na elite internacional, con corenta e seis anos.Páxina web Fulda-Maberzell, consultado o 19 de xullo de 2012
En 2012 comezou a xogar para Spårvägens BTK.
O 11 de febreiro de 2016, Waldner xogou o seu último xogo na primeira liga sueca para Ängby/Spårvägen e anunciou oficialmente a súa retirada como xogador.
Cando se retirou, Waldner levaba xogando na elite por máis de trinta anos, algo infrecuente no mundo do tenis de mesa debido a que a coordinación man-ollo e a rapidez das reaccións son esenciais. Algúns dos xogadores chineses cos que xogou nos últimos tempos foron adestrados por aqueles cos que xogou na década de 1990, que á súa vez foran adestrado por aqueles contra os que xogou na década de 1980.
É un dos sete xogadores que competiu nos cinco primeiros xogos olímpicos dende a introdución do tenis de mesa en 1988. Tamén é un dos únicos cinco xogadores masculinos que logrou un grand slam (Campionatao do Mundo e Copa Mundial individual e Campionato Olímpico individual), que logrou en 1992.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Svenskar i världen (Swedes in the World), edición da primavera de 2005, revista sueca. Ligazóns externas Swedish championship statistics
Chinese TV interview mixed with video clips of his career Jan-Ove Waldners website for Chinese fans Jan-Ove Waldners website for English speaking fans Waldner retires
Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Deportistas de Suecia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Suecia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Suecia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Tenis de mesa