miniatura|Exemplar xove O pedreiro cincentoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Oenanthe oenanthe) é un pequeno paseriforme que antes estaba clasificado na familia dos tordos e merlos Turdidae, pero hoxe xeralmente é considerado un membro de Muscicapidae. É a especie máis espallada do xénero Oenanthe en Europa e Asia, e en Galicia é unha ave estival de paso..
É unha ave migratoria insectívora que se reproduce en campos abertos pedregosos de Europa e Asia con postos avanzados no nordés do Canadá e Groenlandia e tamén no noroeste do Canadá e Alasca. Fai o niño en ocos entre as rochas e toqueiras de coellos. Todas estas aves pasan a maior parte do inverno en África.
Taxonomía e sistemática
Foi descrito cientificamente polo naturalista sueco Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae como Motacilla oenanthe. O xénero Oenanthe foi introducido polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot en 1816. O nome xenérico (e específico), Oenanthe, é tamén o nome dun xénero de plantas apiáceas, e deriva do grego ainos 'viño' e anthos 'flor', polo cheiro a viño das flores desta planta. No caso do paxaro, refírese a que estas aves regresan a Grecia en primavera, xusto cando florecen as viñas.
As catro subespecies na súa área de reprodución son as seguintes: O. o. leucorhoa (Gmelin, JF, 1789), do nordeste do Canadá, Groenlandia e Islandia. O. o. oenanthe (Linnaeus, 1758), do norte e centro de Europa e a través do norte de Asia ata ao leste de Siberia e noroeste de Norteamérica. O. o. libanotica (Hemprich & Ehrenberg, 1833), do sur de Europa e a través de Oriente Próximo e suroeste de Asia ata Mongolia e noroeste da China. O. o. seebohmi (Dixon, 1882), do noroeste de África.
Descrición
miniatura|Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden O pedreiro cincento é máis grande que o paporrubio cunha lonxitude de 14,5 a 16 cm. Ambos os sexos teñen unha mitra e cola brancas, cun debuxo con forma de T negro invertido ao final da cola.
A plumaxe do macho en verán ten partes superiores grises, gorxa beixe e ás negras e máscara facial. En outono lembra a femia menos nas ás negras. A femia é marón clara por arriba e beixe por abaixo con ás marróns máis escuras. O macho ten un canto asubiante renxente. A súa chamada é un ruído tipo chac e a chamada de voo é igual.
Comportamento e ecoloxía
Migración
O pedreiro cincento fai unha das viaxes máis longas de todos os paxaros do seu tamaño, cruzando o océano, os xeos e o deserto. Migra desde a África subsahariana en primavera sobre unha vasta área do hemisferio norte que inclúe o norte e centro de Asia, Europa, Groenlandia, Alasca e partes do Canadá. En outono todos regresan a África, onde os seus antepasados invernaron. Pode argumentarse que algunhas das aves que se reproducen no norte de Asia poderían tomar unha ruta máis curta e invernar no sur de Asia; porén, non o fan, xa que a súa inclinación herdada a migrar lévaos de volta a África.
Os exemplares da raza grande e vistosa de Groenlandia, leucorhoa, fan unha das viaxes transoceánicas máis logas dun paseriforme. En primavera a maioría migran ao longo dunha ruta (usada habitualmente polos limícolas e aves acuáticas) desde África a través de Europa e Islandia ata Groenlandia. Porén, os avistamentos en outono desde barcos suxiren que algunhas cruzan o Atlántico norte directamente desde o Canadá e Groenlandia ao suroeste de Europa, o que supón unha distancia de 2 500 km. As aves que se reproducen no leste do Canadá pénsase que voan desde a illa de Baffin e Terra Nova vía Groenlandia, Irlanda e Portugal ata os Azores, cruzando 3 500 km de augas do Atlántico norte) antes de seguiren viaxe ata África. Outras poboacións do oeste do Canadá e Alasca migran voando sobre gran parte de Eurasia ata chegaren a África.
O uso de aparatos de rastreo en miniatura mostrou recentemente que fan unha ruta migratoria das máis longas coñecidas de 30 000 km, desde a África subsahariana ata os seus terreos de reprodución do Ártico."Tiny songbird northern wheatear traverses the world" por Victoria Gill. BBC Nature 15 de febreiro de 2012. «As aves de Alasca viaxaron case 15 000&nsbp;km (9 000 millas) en cada ruta - cruzando Siberia e o deserto de Arabia, e viaxando, como media, 290 km ao día. "Esta é a migración máis longa rexistrada para un paxaro cantor coñecida ata agora," dixo o Dr. Schmaljohann.»
Reprodución
Os pedreiros cincentos empezan a reproducirse cando teñen un ano de idade. A femia constrúe o niño ela soa, mentres que o macho espera pousado nas proximidades, canta e ás veces realiza voos cantando. Sitúan o niño nunha cavidade como unha toqueira de coello, ocos entre as rochas ou en obxectos feitos polo home como paredes ou tubaxes. O niño normalmente ten unha base formada por material vexetal desordenado, pero a copa do niño constrúese con herbas finas, follas, musgos e lique. A femia pon os ovos con intervalos dun día. A posta é de 4 a 7 ovos lisos pero non brillantes, de arredor de 21,0 x 15,8 mm cun peso medio de 2,83 g. Os ovos son de cor azul moi clara e ás veces teñen algunhas marcas marróns avermelladas no extremo máis longo. Son incubados case enteiramente pola femia empezando despois da posta do penúltimo ou do derradeiro ovo. Os ovos fan eclosión despois de aproximadamente 13 días. Os polos son alimentados pola nai e o pai e son abrigados pola femia durante os primeiros cinco ou seis días. Empluman 15 días despois e fanse independentes dos seus pais cando teñen de 28 a 32 días de vida. Normalmente só fan unha posta cada ano, pero cando perden a súa posta de ovos, a femia pon unha segunda.
Status e conservación A especie ten unha ampla área de distribución, calculada en 2,3 millóns de quilómetros cadrados e unha gran poboación estimada en 2,9 millóns de individuos no Vello Mundo e as Américas en conxunto. As poboacións non están en declive segundo os criterios da Lista vermella da IUCN, polo que é avaliada co status de "especie pouco preocupante".
Relacións cos humanos Nos séculos XVIII e XIX os pedreiros eran considerados un manxar en Inglaterra, e os pastores de Sussex complementaban os seus ingresos vendendo as aves que atrapaban.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Northern Vídeos fotos e sons do pedreiro cincento en the Internet Bird Collection Ageing and sexing (PDF; 4.3 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze Xeno-canto: gravacións de son do pedreiro cincento
Categoría:Muscicápidos Categoría:Túrdidos Categoría:Animais descritos en 1758