Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e mais coa selección galega, da cal foi seleccionador xunto con Fran.
Traxectoria Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).
No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.
O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.
Palmarés 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002 1 vez campión da Copa Intercontinental, en 2002 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002 4 veces campión da liga española, en 2001 , 2003 ,2007 e 2008 2 veces campión da Supercopa de España, en 2001 e 2003 Foi internacional absoluto coa selección española. Coa selección española sub 21 gañou no 1998 o Campionato de Europa. Tamén foi internacional coa Selección galega.
Como empresario Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao exfutbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras,O ex celtista Míchel Salgado presenta a súa canle de TV dixital sobre o país. Vieiros. 9 de novembro de 2007 e é o presidente do club de hóckey a patíns Vigo Stick.Michel Salgado é o novo presidente do Vigo Stick, Vieiros, 3/2/2009
Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.
Vida persoal Casou no verán de 2000 en Madrid con Malula Sanz, filla do entón presidente do Real Madrid, Lorenzo Sanz. A parella tivo tres fillos: Malu, Miguel Ángel e Alan.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados nas Neves Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Blackburn Rovers FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas mundialistas de Galicia