Javier Insua foi un xornalista galego na Arxentina.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires. Foi un dos fundadores da asociación cultural A Terra constituída en 1917,El Diario de Pontevedra, 26-7-1917, p. 2 que ao ano seguinte se converteu en asociación galeguista;El Progreso, 28-3-1918, p. 1. e foi elixido secretario do Ateneo Casa de Galicia en 1921.El Correo de Galicia, 28-8-1921, p. 2. Foi redactor de Acción Gallega e Terra, onde se ocupaba sobre todo da crítica literaria.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en ano descoñecido