Ángel Fernández del Río, nado en Cangas de Morrazo en 1903, foi un barbeiro e político galego.

Traxectoria Barbeiro en Cangas. Foi un dos fundadores do Alondras Club de Fútbol en 1928.La cara amable del Alondras Afiliado a Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Cangas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 19 de setembro xunto a Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Víctor Sánchez Mártil, Lorenzo Corbacho Rodal, José Rodal Lanzós, Manuel Sotelo Suárez e Jesús Barreiro Martínez, foi condenado a 15 anos de prisión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo preso no lazareto da illa de San Simón, e saíu libre o 15 de xullo de 1940."«Fui condenado a muerte por ser concejal». Testimonio de Ángel Fernández del Río, militante de Izquierda Republicana". La Voz de Galicia, 20-7-1987, p. 30-31.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Fernández del Río, Ángel (1995). "Unha traxedia española. Memorias dun supervivente da Guerra". En Antonio Caeiro e outros: Aillados, pp. 111-125.

Categoría:Concelleiros de Cangas de Morrazo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes