O crioulo de Guinea-Bissau é unha lingua crioula baseada no portugués, e próxima ao crioulo caboverdiano, falada en Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. Os seus autónimos son guinensi, kriyol, e .
En Guinea-Bissau é a lingua nativa de 239.000 habitantes e ten arredor dun millón de falantes coma segunda lingua.Ethnologue
No sur do Senegal fálase un dialecto do crioulo de Guinea-Bissau coñecido coma Portuguis ou crioulo de Casamansa, que é a lingua maioritaria dos habitantes da rexión de Casamansa e emprégase coma lingua franca.
O crioulo de Guinea-Bissau está aínda en expansión pero cunha crecente interferencia por parte do portugués (descrioulización): por mor da televisión, a literatura, o prestixo e a emigración a Portugal; e linguas africanas: a través da migración de falantes de linguas nativas aos principais centros urbanos nos que prevalece o crioulo. O portugués estándar é a lingua oficial de Guinea-Bissau, mais o crioulo é a lingua franca do comercio, a literatura informal e o entretemento e non se usa no xornalismo, o Parlamento, os servizos públicos ou a educación.
Historia Os crioulos da Alta Guinea son os crioulos de base portuguesa máis antigos, nados arredor dos asentamentos portuguesas da costa noroeste de África. Os mercadores e colonos portugueses comezaron a se mesturar coa poboación local case de inmediato; o que se converteu nun costume entre os exploradores portugueses e é a principal razón do gran número de crioulos portugueses en todo o mundo. Un pequeno número de colonos chamados lançados contribúe ao espallamento do portugués.
Hai tres dialectos principais deste crioulo en Guinea-Bissau e o Senegal: Bissau e Bolama Bafata Cacheu–Ziguinchor
O substrato do crioulo é a lingua das poboacións locais: mandingas, manjacos, pepéis e outros, pero a meirande parte do léxico (arredor dun 80 %) provén do portugués. O dialecto de Casamansa, semellante ao de Cacheu (Guinea-Bissau), ten algunha influencia do francés.
Exemplo Declaración Universal dos Dereitos Humáns
Tudu pekaduris ta padidu libri i igual na balur suma na diritus. Suma e dadu kapasidadi di pensa, e tene tambi konsiensia, e dibi di trata nutru suma ermons.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Elizabeth Colleen Nicoleti - Body-part idioms in Crioulo of Guinea-Bissau (SIL 2011) Bart Jacobs - Upper Guinea Creole - Evidence in favour of a Santiago birth (John Benjamins 2009) Guinea-Bissau Creole lessons Memrise Sabou Almeida - Crioulu Grammar Made Simple (Peace Corps 1991) Luigi Scantamburlo - Dicionário Do Guineense (Fasbeti 2003)
Categoría:Linguas crioulas de base portuguesa Categoría:Linguas de Guinea-Bissau Categoría:Linguas do Senegal