María Montserrat García Chavarría, nada en Riotorto o 3 de novembro de 1968, é unha política galega do PSdeG. miniatura|Papeleta das Xerais de abril de 2019. Traxectoria Xuíza de paz das Pontes de García Rodríguez entre 1991 e 2007, foi tamén voceira de Jurisgal, asociación provincial de xuíces de paz."Somos la imagen de la justicia". La Voz de Galicia, 6 de maio de 2006 Foi concelleira nas Pontes de García Rodríguez e mais tenente de alcalde dende 2007 ata 2019, e deputada provincial da Coruña de 2007 e 2015. Dentro do PSdeG é secretaria de coordinación territorial do PSdeG provincial da Coruña."Quen é quen... no Congreso e o Senado?" . Sermos Galiza, 29 de abril de 2019 Logo de ambas as eleccións xerais celebradas en 2019, entrou no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Concelleiros das Pontes de García Rodríguez Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña