Cercedilla é un concello español situado no noroeste da Comunidade de Madrid, en plena serra de Guadarrama. Tiña en 2018 unha poboación de 6.948 habitantes.

Ten unha extensión de 35,8 km² e está situado a 57 km ao noroeste da cidade de Madrid. Limita cos concellos madrileños de Los Molinos e Navacerrada e cos concellos segovianos de El Espinar e La Granja de San Ildefonso.

Está rodeado por varios montes da serra de Guadarrama, como Siete Picos, La Bola del Mundo, La Peñota e Peña del Águila. No seu termo atópase o porto de Navacerrada, con estación de esquí, situado a 8 km da localidade. Atópase ademais no Camiño de Santiago de Madrid.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid