A zurrasca eurasiática, comunmente zurrasca e furamatos, (Rallus aquaticus)Durante certo tempo na literatura zoolóxica galega se usou o nome rascón ou rascón de auga para esta ave, que, en realidade, era un castelanismo (á súa vez procedente do catalán), pero que aínda ae atopa nalgúns dicionariosConde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. é unha ave da familia dos rálidos, que se reproduce en zonas húmidas ben cubertas de vexetación de Europa, Asia e norte de África. As poboacións do norte e leste son migratorias, pero esta especie é sedentaria durante todo o ano nas partes máis cálidas da súa área reprodutora. En Galicia é unha ave nativa sedentaria.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. O adulto é unha ave de 23 a 28 cm de longo e, igual que outros membros da súa familia, ten un corpo aplanado lateralmente, o que lle facilita pasar entre a vexetación de xuncos do hábitat onde vive. A súa parte superior é principalmente marrón e a inferior gris azulada, con barras negras nos flancos, dedas longas, cola curta e peteiro longo e avermellado. Os exemplares inmaturos son xeralmente similares en aparencia aos adultos, mais a cor gris azulada da plumaxe é substituída por beixe. Os polos cubertos de penuxe son negros, como é característico nos rálidos. A antiga subespecie R. a. indicus, ten marcas distintivas e unha chamada que é moi diferente do chío parecido ao dun porco das razas occidentais e agora xeralmente se separa como unha especie diferente co nome Rallus indicus.

Reprodúcese en xunqueiras e outros sitios pantanosos con vexetación alta e densa, construíndo o niño un pouco por riba do nivel da auga coas plantas das que dispoña na contorna. Os seus ovos abrancazados e con manchas son incubados principalmente pola femia, e as crías fan eclosión en de 19 a 22 días e son precoces. A femia defende os ovos e pitos contra os intrusos ou trasládaos a outro lugar se son descubertos. Pode reproducirse ao chegar a un ano de idade e normalmente fai dúas postas en cada tempada. Son omnívoros que se alimentan principalmente de invertebrados durante o verán e de bagas ou talos de plantas durante o inverno. Son animais territoriais incluso rematada a reprodución e defenden agresivamente as súas áreas de alimentación en inverno.

Son vulnerables ás inundacións ou ás temperaturas de conxelación, á perda de hábitat e predación por mamíferos e grandes aves. Os visóns americanos introducidos exterminaron algunhas poboacións de illas, pero en conxunto a amplísima área de distribución da especie e a gran cantidade de exemplares que hai fan que sexa considerada unha especie non ameazada.

Taxonomía Os rálidos son unha familia que comprende case 150 especies. Aínda que as orixes do grupo son moi antigos, o maior número de especies e as formas máis primitivas encóntranse no Vello Mundo, o que suxire que esta familia se orixinou alí. Porén, o xénero Rallus, o grupo dos especialista de longo peteiro en vivir nas xunqueiras ao que pertence a zurrasca eurasiática, orixinouse no Novo Mundo. Os seus membros do Vello Mundo, zurrascas de África continental Rallus caerulescens e os de Madagascar Rallus madagascariensis, forman unha superespecie, e pénsase que evolucionaron a partir dunha soa invasión de aves que atravesaron o Atlántico. As probas xenéticas indican que a zurrasca eurasiática é o máis estreitamente relacionado deste xénero coas zurrascas Gallirallus do Pacífico, e é basal para ese grupo. A zurrasca eurasiática foi descrita primeiramente por Linnaeus na súa obra Systema Naturae en 1758 co seu nome científico actual Rallus aquaticus.

A antiga subespecie R. a. indicus ten vocalizacións moi diferentes das da zurrasca eurasiática e nos traballos recentes é considerada unha especie separada. Foi restaurada como especie de seu co nome R. indicus por Pamela Rasmussen na súa obra Birds of South Asia (2005). O tratamento que lle dá esta autora conseguiu aceptación e é tamén o seguido en Birds of Malaysia and Singapore (2010). Un estudo de 2010 da filoxenia molecular deu un apoio adicional á posibilidade de dar un status de especie a R. indicus, que se pensa diverxeu das formas occidentais hai arredor de 534 000 anos.

Fósiles Os fósiles máis antigos coñecidos dunha zurrasca eurasiática ancestral son uns ósos atopados nos Cárpatos datados no Plioceno (hai 1,8-5,3 millóns de anos). Ao final do Plistoceno, hai dous millóns de anos, as evidencias fósiles suxiren que a zurrasca eurasiática xa estaba presente na maioría da súa área de distribución actual. Esta especie está ben representada no rexistro fósil, cuns 30 achados tan só en Bulgaria e moitos outros no sur de Europa e a China. Unha antiga zurrasca da illa de Eivisa, Rallus eivissensis, era máis pequena pero máis robusta que a zurrasca eurasiática e probablemente tiña peor capacidade de voo. No Cuaternario, a illa carecía de mamíferos terrestres, e esta distintiva forma de zurrasca seguramente descendía dun devanceiro do continente. Extinguiuse aproximadamente ao mesmo tempo que o ser humano chegou á illa, entre os anos 16 700 e 5 300 a.C.. A raza nominal da zurrasca eurasiática é agora unha ave residente moi rara na illa de Eivisa.

Descrición miniatura|Cabeza da subespecie R. a. aquaticus O adulto da subespecie nominal é unha zurrasca de mediano tamaño, de 23 a 28 cm de longo cunha envergadura de 38 a 45 cm. Os machos pesan normalmente de 114 a 164 g e as femias son lixeiramente menos pesadas, de 92 a 107 g. As partes superiores desde a fronte á cola son marróns oliváceas con liñas negras, especialmente nos ombreiros. A parte lateral da cabeza e as partes inferiores ata a parte superior da barriga son azul lousa escuras, agás unha área negra entre o peteiro e o ollo, e laterais amarronados ata o peito superior. Os flancos teñen barras negras e brancas e a parte subcaudal é branca con algunhas liñas máis escuras. O seu longo peteiro e o iris son vermellos e as patas son de cor marrón carne. Ambos os sexos son similares, e aínda que a femia como media é lixeiramente menor que o macho e con peteiro máis delgado, determinar o sexo só polas medidas non é fiable. Os xoves teñen un píleo anegrado e un queixo e gorxa brancos. As partes inferiores son beixes ou brancas con barras máis escuras, e as marcas dos flancos son marróns e beixes en lugar de negras e brancas. A parte subcaudal é beixe, e o ollo, peteiro e patas son de cores máis claras que as do adulto. Os polos cubertos de penuxe son completamente negros excepto o seu peteiro principalmente branco. Despois da reprodución, sofre unha ampla muda e perde a capacidade de voar durante tres semanas. Os adultos poden identificarse individualmente polas marcas subcaudais, que son únicas para cada exemplar. Os machos adultos son os que teñen as liñas subcaudais máis nítidas. Suxeriuse que as barras escuras subcaudais desta especie son un compromiso entre a función de sinalización que tería unha zona subcaudal completamente branca, como a que teñen as especies de augas abertas e as gregarias como a galiña de río, e a necesidade de evitar ser demasiado visible.

A zurrasca eurasiática pode distinguirse doadamente da maioría das outras zurrascas das xunqueiras pola súa zona subcaudal branca e peteiro encarnado; ademais, o peteiro é un pouco máis longo que o resto da cabeza do animal (de 55 a 58% do total) e lixeiramente curvado cara a abaixo. A especie de Asia tropical que se parece algo Lewinia striata (antes Gallirallus striatus) ten un peteiro máis robusto, un píleo castaño e partes inferiores con manchas brancas. Os xoves e os exemplares que acaban de mudar poden presentar unha zona subcaudal beixe como a da poliña pinta, mais a plumaxe desa especie ten manchas brancas e un peteiro moito máis curto e principalmente amarelado. A área de distribución da zurrasca eurasiática non se solapa co de ningunha outra especie de Rallus, pero os individuos errantes poderían distinguirse dos seus parentes americanos pola falta de cor avermellada ou castaña coas ás pechadas. A especie máis grande de África Rallus caerulescens ten partes superiores marróns máis escuras sen liñas e patas e pés dun vermello máis vivo.

Vocalizacións É unha especie vocalizadora que fai a súa chamada durante todo o ano. Consiste nunha serie de gruñidos seguidos dun chío agudo parecido ao dos bácoros, que acaba con máis gruñidos. Utilízase como chamada territorial, de alarma e anuncio. Os dous membros da parella poden facer a chamada alternativamente, o macho con notas máis lentas e baixas que a femia. A canción de cortexo, que ambos sexos cantan, é unha especie de tyic-tyic-tyic que adoita rematar cun trilo da femia; o macho pode cantar sen parar durante horas. A chamada de voo é un asubío sostido, e outras vocalizacións son un renxido repetido alto que fai o macho cando mostra o sitio de nidificación á femia e un rumbar que fan ambos cando están no niño cos polos. Son máis vocais cando establecen un territorio e ao inicio da estación reprodutora, cando as chamadas poden continuar pola noite. Os polos inicialmente pían feblemente, pero axiña desenvolven unha chamada de rogo tipo tyk-tyk-trik.

Cando os investigadores colocan altofalantes que reproducen gravacións da chamada da folosa das canaveiras de noite para atraer a este paxariño para atrapalo, observan que as zurrascas eurasiáticas e outras aves acuáticas tamén baixan a terra, a pesar de que o hábitat non sexa o axeitado para elas, o que indica que as zurrascas e outros migrantes nocturnos recoñecen a canción desa folosa e asóciana co hábitat de pantano ou marisma no cal xeralmente vive.

Subespecies miniatura|R. a. korejewi Recoñécense tres subespecies.

R. a. aquaticus (Linnaeus, 1758). Esta é a especie nominal que se reproduce en Europa, norte de África, Turquía, oeste de Asia ata o mar Caspio e o oeste de Kazakhstán e nunha estreita banda caro ao leste ata Siberia central. R. a. hibernans (Salomonsen, 1931). É a raza islandesa, que ten partes superiores dun marrón lixeiramente máis cálido que a forma nominal. As barras dos flancos son marróns escuras, non negras, e o peteiro é algo máis curto; o gris das partes inferiores pode ter un lixeiro ton marrón. R. a. korejewi (Zarudny, 1905) (inclúe as formas dubidosas deserticolor, tsaidamensis e arjanicus). Esta subespecie reprodúcese no sur de Asia central desde o sur e leste de Irán cara ao leste ata o leste da China (ás veces en Beijing, Shanghai etc.), e no subcontinente indio en Caxemira e Ladakh. É lixeiramente máis grande que a raza nominal, con partes superiores marróns máis claras e partes inferiores cor lousa algo máis claras. Ten unha banda marrón débil que cruza o ollo.

As diferenzas entre as tres razas parecen ser clinais e é posible que todas deban fusionarse en R. a. aquaticus. A antiga subespecie R. a. indicus considérase agora a especie R. indicus.

Distribución e hábitat As xunqueiras son un importante hábitat para a reprodución e invernada desta especie.|miniatura

Reprodúcese nas zonas temperadas de Eurasia desde Islandia e as illas británicas descontinuamente ata o norte de África, Arabia Saudita e oeste da China. A súa distribución en Asia está pouco estudada. En Galicia a primeira cita é de López Seoane en 1866, atopándose na actualidade principalmente na franxa costeira.