«Du hast mich so fasziniert» (en galego: «Fascináchesme tanto») é unha canción composta por Robert Stolz e interpretada en alemán por Harry Winter. Foi elixida para representar a Austria no Festival de Eurovisión de 1960 tras ser seleccionada internamente pola emisora austríaca ORF.

Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|Robert Stolz, compositor e director da canción, en 1961. Selección «Du hast mich so fasziniert» foi seleccionada para representar a Austria no Festival de Eurovisión 1960 pola emisora austríaca ORF.

No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante Harry Winter. A orquestra foi dirixida por Robert Stolz.

Foi interpretada en sétimo lugar, seguindo a Noruega con Nora Brockstedt interpretando «Voi, Voi» e precedendo a Mónaco con François Deguelt interpretando «Ce soir-là». Ao final das votacións, a canción recibiu 6 puntos, obtendo o sétimo posto de 13.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Austria no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Austria en Eurovisión