Nujoom al-Ghanem, nada en Dubai o 24 de outubro de 1962, é unha escritora e directora de cinema emiratí.

Traxectoria Al-Ghanem foi a única rapaza de cinco irmáns, e foi criada pola súa avoa porque o seu pai non a aceptou logo de ter catro filos. De nena lía sobre temas diversos, como misticismo, teoloxía, filosofía ou poesía. Despois aumentou as súas lecturas grazas á feira do libro de Sharjah. A poesía árabe inspirouna de nova, e levouna a escribir os seus propios poemas. Tamén lle gustaba pintar, porque tiña un tío pintor, e a fotografía. Antes da comezar a súa carreira profesional como escritora publicou os seus textos en prensa local. Logo de rematar os estudos secundarios decidiu que quería ir estudar a Londres. A pesar do apoio do seu pai, ela preferiu casar antes para non marchar ela soa.

Estivo un semestre na Universidade de Al Ain e deixou os estudos. Comezou a traballar no Departamento de Arte e Cultura de Dubai e os Emiratos do Norte. Logo de casar, ser nai e traballar como xornalista, decidiu ir estudar a Ohio. En 1996 rematou un grao en produción audiovisual na Universidade de Ohio, e en 1999 rematou un mestrado na Universidade Griffith.

Poesía Al-Ghanem publicou oito poemarios: Masaa Al-Janah ("Tardes de ceo", 1989) Al-Jarair ("As consecuencias", 1991) Rawahel (1996) Manazel Al-Jilnaar (2000) La Wasf Lima Ana Feeh (2005) Malaikat Al-Ashwaaq Al-Baeeda ("Anxos de longa distancia", 2008) Laylon Thaqeelon 3la Alayel (2010) Asqoto fi Nafsi ("Caín en min mesma", 2012)

A súa obra está inspirada en autoras árabes como a siria Saniyah Saleh, ou as emiratís Ousha a Poeta e Sheikha Sana’a bint Mana Al Maktoum.

Filmes Between Two Banks (1999, documental) Al Mureed (2008, documental sobre Fatima Ali Alhameli) Hamama (2010) Amal (2011) Red, Blue, Yellow (2013) Sounds of the Sea (2015) Nearby Sky (2015) Sharp Tools (2017)

Notas

Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Dubai Categoría:Alumnos da Universidade de Ohio Categoría:Alumnos da Universidade Griffith Categoría:Escritores dos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Directores de cinema dos Emiratos Árabes Unidos