La Lisa é un dos 15 municipios da provincia da Habana, en Cuba.
Xurdiu da división político-administrativa realizada no país en 1976, antes desa data estaba integrado no municipio de Marianao. En 2017 tiña unha poboación de 142 124 habitantes.
Xeografía Sitúase na periferia occidental da capital, limita ao norte co municipio de Playa, ao leste con Marianao, ao sur-suroeste con Boyeros e ao oeste co municipio de Bauta da veciña provincia de Artemisa. A súa extensión é de 37,5 km².
Barrios Dende a súa constitución e ata hoxe este municipio está composto por: El Cano, Guatao, Arroyo Arenas, La Lisa e Punta Brava, xunto con numerosos outros repartos, barrios ou leiras. Na súa conformación actual ten dúas áreas diferenciadas: a zona nordés do municipio, dende Quibú ata Arroyo Arenas e dende a Estrada Nacional ata a rúa 25, é unha zona moi urbanizada, na que os barrios están ligados consecutivamente cos seus núcleos máis antigos de poboación; e a zona suroeste, con características suburbanas ou semirurais, que inclúe a área de Cano-Valle Grande, La Concepción, parte de Arroyo Arenas, Guatao e Punta Brava.
Goberno O goberno exércese dende a Asemblea Municipal do Poder Popular, que é o maior organismo local do poder do Estado e, por conseguinte, está investida da máxima autoridade para o exercicio das funcións estatais na súa delimitación.
Esta Asemblea está formada por 89 delegados, agrupados en sete Consellos Populares, que son órganos do Poder Popular, local, de carácter representativos: Alturas de La Lisa, Balcón Arimao, El Cano-Bello 26 - Valle Grande, Punta Brava, Arroyo Arenas, San Agustín e Versalles-Coronela .
Todos os delegados, que son nomeados polos veciños nas asembleas dos barrios, son elixidos polo voto directo e secreto dos electores; estes á súa vez elixen ao presidente e vicepresidente da Asemblea Municipal.
Pobos irmandados
Albacete Láncara Mislata
Notas
Categoría:Cidades de Cuba Categoría:Concellos da provincia da Habana