miniatura|Na famosa obra de Munch O Grito, represéntase a ansiedade e angustia. Esta fobia pode provocar este síntomas. A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronuncia de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Segundo o DSM-5 (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition) é unha fobia social. Adoita empregarse o termo sesquipedaliofobia como abreviatura da orixinal.
Causas e síntomas Xeralmente preséntase en persoas que sufriron un trauma infantil relacionado con palabras longas como un problema de ansiedade social ou pánico escénico.
Aumento do ritmo cardíaco Hiperventilación Exceso de suor Ansiedade e angustia Boca seca Pensamentos catastróficos Perda da concentración e desorientación Ansiedade social Malestar estomacal Dor de cabeza e tensión muscular
Etimoloxía e pronunciación O termo hipopotomonstrosesquipedaliofobia () procede do grego hipopoto (de , cabalo do río, para indicar que é unha palabra monstruosamente grande, coma un hipopótamo) + do latín monstro (de , "monstruoso") + sesquipedalio (do latín , "dun pé e medio") + phobos (do grego, "medo"). etimologias.dechile.net .
En lingua galega contén dezasete letras distintas (a, b, d, e, f, h, i, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u) e dous ditongos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fobia Pánico
Categoría:Fobias