Judy Davis, nada en Perth o 23 de abril de 1955, é unha actriz australiana de cine, teatro e televisión. Cunha carreira de máis de corenta anos, é célebre pola súa versatilidade e é recoñecida como unha das mellores actrices da súa xeración. Woody Allen, co que colaborou frecuentemente, describiuna como "unha das actrices máis estimulantes do mundo". Recibiu oito premios da Academia Australiana do Cinema e da Televisión, tres premios Emmy, dous premios da Academia Británica, dous Globos de Ouro e recibiu dúas candidaturas aos premios Óscar.

Traxectoria Primeiros anos e educación Davis naceu en Perth (Australia Occidental) e foi criada no catolicismo estrito. Estudou no Loreto Convent e no Western Australian Institute of Technology. En 1977 graduouse no Instituto Nacional de Arte Dramática (NIDA).

Carreira Un dos seus primeiros papeis destacados como actriz foi o de Sybylla Melvyn en My Brilliant Career (1979), pola que gañou o BAFTA á mellor actriz e mellor actriz revelación. Tamén protagonizou Winter of Our Dreams (1981), interpretando unha adicta á heroína, e Heatwave. A súa carreira internacional comezou en 1981 logo de interpretar a Golda Meir no docudrama para televisión A Woman Called Golda, protagonizado por Ingrid Bergman, e un papel como terrorista no filme británico Who Dares Wins (1982).

Posteriormente, foi seleccionada para encarnar a Adela Quested en A Passage to India (1984) de David Lean, unha adaptación da novela de Edward Morgan Forster, pola que recibiu unha candidatura aos Óscar como mellor actriz. Regresou ao cinema australiano para actuar en Kangaroo (1987), interpretando a esposa dun escritor, e High Tide (1987), como unha despreocupada nai que intenta reunirse coa súa filla adolescente que está sendo criada pola súa avoa paterna. Por ambos os papeis levouse o Premio AACTA, e polo breve período de exhibición de High Tide nos cines dos Estados Unidos gañou un premio outorgado pola National Society of Film Critics. En 1990, fixo un cameo en Alice de Woody Allen.

En 1991, apareceu no filme Barton Fink dirixido polos irmáns Coen, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. Obtivo un Independent Spirit polo seu traballo como a escritora George Sand en Impromptu e volveu actuar nunha adaptación dunha novela de Edward Morgan Forster, Where Angels Fear to Tread. En 1992, tivo un papel principal en Husbands and Wives de Woody Allen, como unha das metades dunha parella que se está a divorciar. Por esta interpretación recibiu candidaturas aos premios Óscar e aos Globos de Ouro como mellor actriz secundaria.

Vida privada Judy Davis casou en 1984 co actor e tamén graduado de NIDA Colin Friels, con quen ten un fillo e unha filla, o actor Jack Friels (1987) e Charlotte Friels (1997).Colin Friels biography at IMDb

Filmografía Ano Título Personaxe 1977 High Rolling Lynn 1979 My Brilliant Career Sybylla Melvyn 1981 Hoodwink Sarah 1981 Winter of Our Dreams Lou 1982 Who Dares Wins Frankie Leith 1983 Heatwave Kate Dean 1984 A Passage to India Adela Quested 1986 Kangaroo Harriet Somers 1987 High Tide Lilli 1988 Georgia Nina Bailley/Georgia White 1990 Alice Vicki 1991 Barton Fink Audrey Taylor 1991 Impromptu George Sand 1991 Where Angels Fear to Tread Harriet Harriton 1991 Naked Lunch Joan Lee/Joan Frost 1991 On My Own The Mother 1992 Maridos e mulleres Sally 1993 Dark Blood Buffy 1994 Caroline Chasseur 1994 Katherine Witner 1996 Children of the Revolution Joan Fraser 1997 Deconstructing Harry Lucy 1997 Poder absoluto Gloria Russell 1997 Sangue e viño Suzanne Gates 1998 Celebrity Robin Simon 2001 Anna Redmond 2001 Gaudi Afternoon Cassandra Reilly 2003 Swimming Upstream Dora Fingleton 2006 Marilyn Dean 2006 Marie Antoinette Condesa de Noailles 2011 Dorothy de Lascabanes 2012 To Rome with Love Phyllis 2013 The Young and Prodigious T.S. Spivet Jibsen 2015 The Dressmaker Molly Dunnage

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Judy Davis in The Encyclopedia of Women and Leadership in the Twentieth Century

Categoría:Nados en Perth Categoría:Nados en 1955 Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia