miniatura|O xeneral Franco. O seu nomeamento como xeneralísimo foi o primeiro paso do seu ascenso ao poder. O nomeamento do xeneral Franco como "Xeneralísimo", tivo lugar o 21 de setembro de 1936 no aeródromo de San Fernando (Salamanca), durante unha reunión de altos mandos militares do sector do exército que se sublevou no anterior mes de xullo. O nomeamento foi feito oficial pola Xunta de Defensa Nacional o día 30 do mesmo mes, de forma simultánea co nomeamento de Franco como xefe do Goberno que tivo lugar o 28 de setembro.
O xeneral Franco non participara de forma significativa nos preparativos do golpe de Estado, aínda que sempre se lle reservou neles un papel importante: a dirección do alzamento no Protectorado de Marrocos e a xefatura do Exército de África. Trala inesperada morte do xeneral Sanjurjo, líder da rebelión, unha serie de factores beneficiaron a candidatura de Franco ao mando militar supremo: o establecemento de importantes acordos con Alemaña e Italia, o exitoso paso do estreito de Xibraltar, o rápido avance das súas forzas cara a Madrid e o decidido apoio do pequeno sector monárquico.
Aínda que se trataba dun cargo exclusivamente militar e estaba inicialmente previsto que a Xunta de Defensa Nacional seguise detendo o mando político, o nomeamento supuxo o inicio do rápido ascenso de Franco cara ao poder absoluto que permitiría a súa longa ditadura. Desde un punto de vista militar, a creación dun mando único conferiu unha importante vantaxe ao bando rebelde sobre o disperso bando republicano.
A conspiración
As vacilacións esquerda|miniatura|274x274px|O xefe do Goberno, Casares Quiroga, minusvalorou o perigo da conspiración dereitista. A axustada vitoria da esquerdista Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 fixo patente o grao de enfrontamento social existente.Preston (1994), p. 160 Xa nos días inmediatos, os xenerais Goded, Fanjul e Rodríguez del Barrio valoraron a idea de dar un golpe de Estado, pero foron disuadidos polo xefe do Estado Maior, xeneral Franco, quen consideraba que o intento non podía triunfar.Casanova (2007), pp. 156-157 No período posterior, acentuouse a violencia política, con atentados a líderes e enfrontamentos nas rúas entre grupos falanxistas e revolucionarios. A iso axudaba a actitude cada vez máis radicalizada das dúas principais forzas políticas, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e a Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA).Casanova (2007), pp. 164-166
Dado que o Goberno de Casares desconfiaba dun bo número de xenerais, realizou certas actuacións preventivas. Deixou aos xenerais Fanjul, Orgaz, Villegas e Saliquet en situación de dispoñibles e trasladou a Franco ás illas Canarias, a Goded ás illas Baleares e a Mola a Navarra. Esa política irritou a algúns deles, como no caso de Franco, que consideraba o seu novo destino como un inxusto desterro. O 8 de marzo, o día anterior da súa viaxe ás illas, Franco participou nunha reunión que se celebrou en Madrid, en casa de José Delgado —amigo de Gil Robles—. Participaron nela tamén Mola, Fanjul, Orgaz, Villegas, Varela, Rodríguez del Barrio, Saliquet, García de la Herrán, Ponche, González Carrasco e o tenente coronel Galarza —este último en representación da Unión Militar Española (UME)—. Tratouse da preparación dun alzamento e acordouse que o líder sería o xeneral SanjurjoCasanova (2007), pp.172-173 —por entón desterrado en Portugal— non tanto pola súa participación no golpe de estado errado de 1932 canto pola súa condición de militar de maior gradación e antigüidade entre os conspiradores.Suárez (1999), p. 286 Mola traía tamén o compromiso dos seus antigos subordinados en África Sáenz de Buruaga, Beigbeder, Yagüe e Tella. Goded estaba ausente pero todos contaban con el.Suárez (1999), p. 285 O acordo era dar o golpe de estado se se desataba unha revolución, se o goberno suprimía a Garda Civil ou reducía a oficialidade, ou si Largo Caballero chegaba á presidencia do goberno.Preston (1994), p. 160 Non se chegou a acordar o carácter político do «movemento militar» pero si se chegou a fixar a data do golpe: o 20 de abril.Gil Pecharromán (1997), p. 136 Mola foi posto á fronte dos preparativos tendo plenos poderes organizativos pero non mando supremo. A pesar da súa asistencia á reunión, Franco evitou comprometerse a fondo na conspiración.
En realidade houbo varias conspiracións simultáneas. A UME, unha asociación clandestina de varios centos de xefes e oficiais antiesquerdistas, tivo un papel destacado.Casanova (2007), pp. 173-174 Tamén os carlistas pretendían iniciar unha rebelión.Payne (1987), p. 101 E a Falanxe, consciente da súa propia debilidade, tivo que confiar nos militares.Payne (1987), p. 103 En Madrid, unha conservadora «xunta de xenerais» tentaba coordinar esforzos con pouco éxito.Payne (1987), p. 96 A destitución do Presidente Alcalá-Zamora a principios de abril e a violencia nas rúas estiveron a piques de adiantar o golpe, pois a mencionada xunta sinalou o 20 de abril para un golpe que encabezaría o xeneral Rodríguez del Barrio. Con todo, o intento foi cancelado poucas horas antes da súa execución debido á súa evidente falta de preparación.Suárez (1999), p. 290 As sospeitas do Goberno conduciran á detención de Orgaz nas Canarias e Varela en Cádiz. Foi a partir de entón cando Mola comezou a exercer como «O Director» da conspiración e comezou a redactar e difundir unha serie de circulares ou Instrucións reservadas nas que foi perfilando a complexa trama que levaría adiante o golpe de estado, converténdose no nexo de unión entre as diversas tramas. Na súa primeira instrución recalcou a importancia de levar a cabo unha represión violenta e inmediata —na que ditou o 25 de maio dicía: «Terase en conta que a acción ha de ser en extremo violenta para reducir canto antes ao inimigo, que é forte e ben organizado. Desde logo serán encarcerados todos os directivos dos partidos políticos, sociedades e sindicatos non afectos ao Movemento, aplicándose castigos exemplares aos devanditos individuos para estrangular os movementos de rebeldía ou folgas»—. Foi tamén Mola quen mantivo contactos, que serían transcendentais, cos xenerais Gonzalo Queipo de Llano e Miguel Cabanellas.
A finais de xuño, a operación estaba planeada e, neses intres, non hai constancia de que Franco participase activamente nos preparativos a pesar das versións posteriores neste sentido.Preston (1994) p. 168 As esixencias dos diversos sectores exasperaron a Mola, que estivo a piques de abandonar e até pensou en volver á súa Cuba natal, pero seguiu adiante coa trama.Thomas (1995), p. 224 Porén, a indecisión de Franco mantívose case até o final, facendo dicir a José Sanjurjo «con Franquito ou sen Franquito salvaremos a España».Thomas (1995), p. 223 A pesar da súa falta de determinación, Franco era visto por moitos como un posible líder dun golpe militar. O dirixente socialista Indalecio Prieto díxoo así nun discurso pronunciado en Cuenca:
Cara ao final de maio, o xeneral recibiu nas illas a visita dun dirixente da UME que lle fixo chegar unha mensaxe de Goded ofrecéndolle o seu apoio para asumir a xefatura da rebelión. Con todo, seguía sen estar convencido.Suárez (1999), p. 296
En canto aos conspiradores, querían contar con el polo seu grande ascendente sobre a oficialidade —conseguido na súa etapa de director da Academia Xeral Militar— e sobre o Exército de África. Era un claro referente; en palabras de José María Pemán, «o semáforo da política militar».Preston (1994), p. 173 Porén, mesmo en data tan tardía como o 12 de xullo, Franco enviou unha mensaxe a Alfredo Kindelán mostrando a súa indecisión, o que enfureceu a MolaPreston (1994), p. 175 e obrigouno a artellar un plan alternativo polo que Sanjurjo había se trasladar ao Protectorado para dirixir ao Exército de África no canto de Franco.Payne (1987), p. 109 De feito, semella que, o que decidiu a algúns xenerais a se uniren finalmente á conspiración foi a convicción de que sería máis perigoso para a súa propia seguridade persoal permanecer inactivos que afrontar os riscos que implicaba un golpe de Estado.Payne (1987), p. 104 Finalmente, o día 14 de xullo, Mola recibiu a seguridade de que Franco ía se trasladar a Marrocos para encabezar alí o golpe.Suárez (1999), p. 298 Na noite do 13 ao 14, Franco escribiu o manifesto que debía proclamarse ao iniciar o alzamento.Suárez (1999), p. 314
O detonante miniatura|Sanjurjo era o líder indiscutido da sublevación A comezos de xullo de 1936 a preparación do golpe militar estaba case rematada, aínda que o xeneral Mola recoñecía que «o entusiasmo pola causa non chegou aínda ao grao de exaltación necesario».Gil Pecharromán (1997), p. 138 Foi o asasinato de José Calvo Sotelo o que terminou de convencer aos conspiradores de non demorar máis a súa actuación e sumou ao golpe a persoas até entón indecisas por medo a comprometeren as súas carreiras e as súas propias vidas.Casanova (2007), pp. 174-175
A primeiras horas do 13 de xullo, un grupo de gardas de asalto dirixidos polo capitán Condés da Garda Civil saíu a matar a algún político de dereitas para vingar o previo asasinato do tenente Castillo. Tras non localizar a Antonio Goicoechea nin a José María Gil Robles, secuestraron no seu propio domicilio a José Calvo Sotelo, o líder dos monárquicos alfonsinos de Renovación Española, asasinárono e abandonaron o seu cadáver no depósito do cemiterio da Almudena.Casanova (2007), p. 175 Tratábase dun crime sen parangón nas democracias de Europa occidental.Payne (1987), p. 110
No enterro de Calvo Sotelo, o dirixente monárquico Antonio Goicoechea xurou solemnemente «consagrar a nosa vida a este triplo labor: imitar o teu exemplo, vingar a túa morte e salvar a España, que todo é un e o mesmo». Pola súa banda o líder da CEDA, José María Gil Robles, nas Cortes díxolles aos deputados da esquerda que «o sangue do señor Calvo Sotelo está sobre vós» e acusou o goberno de ter a «responsabilidade moral» do crime por «patrocinar a violencia», aínda que recoñeceu que non estaba involucrado.
O suceso conmocionou ao país dado que se trataba dun dos líderes da oposición, e terminou de decidir ao xeneral Franco a participar no golpe.Casanova (2007), pp. 175-176 Probablemente decidiu tamén a moitas outras persoasPayne (1987), p. 111 e é moi posible que os conspiradores non chegasen a dar o paso definitivo de non ser por este factor imprevisto. A clase media española quedou conmocionada polo asasinato.Thomas (1995), pp. 234-235 Durante décadas, os sublevados en xullo alegarían que o asasinato de Calvo Sotelo formaba parte dun plan comunista para se faceren co poder en poucos días. Con todo, nunca apareceron probas fiables do suposto plan.Payne (1987), pp. 110-111 Aínda que posteriormente os sublevados mostraron probas documentais do complot comunista que dixeron, demostrouse que tales documentos eran unha falsificación elaborada por Tomás Borrás.Aróstegui (1997), p. 32
Respecto ao plan dos sublevados, Mola o preparara como un golpe de estado tradicional. Era esencial facerse con Madrid para poder traspasar os poderes dende a autoridade civil á militar. Con todo, pronto Franco e el tiveron a convicción de que o golpe tería poucas posibilidades de éxito na capital. Por iso, a suxestión de Franco, recomendouse aos líderes que non se pechasen nos cuarteis senón que se repregaran cara á serra para esperar a chegada de reforzos. Ao Exército de África asignábaselle un papel determinante en toda a operación.Suárez (1999), p. 312