Janice Doreen Dickinson, nada en Nova York o 16 de febreiro de 1955,As per Dickinson in NNDB en Janice Dickinson profile indica o 15 de febreiro de 1955, explicando: "aínda que Dickinson mantivo en varias entrevistas e na súa autobiografía No Lifeguard on Duty que naceu en 1955, outras fontes dan como data 1953 ou 1954. A maioría dos detalles da súa vida apoian 1955. A súa data de nacemento tamén aparece como 15 de febreiro ou 17 de febreiro". Entre as que dan como data o 17 de febreiro de 1953, está Fashion Model Directory. é unha modelo, escritora, actriz, personlidade televisiva e axente de talentos estadounidense. Inicialmente coñecida como modelo, ela e outros describírona como a primeira supermodelo. Unha das modelos de máis éxito nas décadas de 1970 e 1980, tamén actuou como xuíza en catro tempadas de America's Next Top Model. Abriu unha axencia de modelos en 2005, que foi documentada na serie de telerrealidade The Janice Dickinson Modeling Agency (2006–2008).
Vida persoal Dickinson casou en catro ocasións. Os seus maridos foron Ron Levy, Simon Fields, e Alan B. Gersten, tamén coñecido como Albert Gersten. Ten un fillo, Nathan, e unha filla, Savannah. Dickinson tivo unha relación con Sylvester Stallone cando Savannah naceu en 1994, e díxose que Stallone era o pai. A relación rematou cando as probas de ADN demostraron que non era o pai. Nos seus libros e en entrevistas, falou de numerosas relacións sexuais con varóns e mulleres famosas. En 2012, anunciou que estaba prometida co doutor Robert Gerner ("Rocky"), psiquiatraDr. Robert Gerner profile, healthgrades.com; consultado o 19 de novembro de 2014. co que casou en decembro de 2016.
En novembro de 2014, Dickinson foi unha das mulleres que dixeron que o cómico Bill Cosby a violara en 1982, engadindo que intentara escribir sobre o asunto na súa autobiografía de 2002, mais que Cosby e os seus avogados fixeron presión para que ela suprimise os detalles.
En marzo de 2016, informouse de que Dickinson fora diagnosticada con cancro de mama.
Reivindicación como "primeira supermodelo" Dickinson reclama que cuñou o vocábulo supermodelo en 1979, e que ela foi a primeira "supermodelo".Dickinson contou a E! True Hollywood Story que o seu representante, dándose de conta que no cumio da súa carreira como modelo ela estaba a traballar demasiado, díxolle: "Non es Superman". Dickinson dixo que lle contestou: "Non son Superman, son unha supermodelo". Porén, a palabra xa era coñecida na década de 1940. A escritora Judith Cass empregou a expresión en 1942 no seu artigo do Chicago Tribune "Super Models are Signed for Fashion Show". En 1943, o autor Clyde Matthew Dessner usouno no seu libro So You Want to Be a Model!
Tanto The New York Times, o 21 de marzo de 1967, como The Daily Times de Salisbury, Maryland o 19 de maio de 1967, referíronse a Twiggy como supermodelo.
En 1968, nun artigo de Glamour describiron a Twiggy, Cheryl Tiegs, Wilhelmina, Veruschka, Jean Shrimpton e outras quince modelos como "supermodelos".
A columnista Suzy Knickerbocker describiu a Penelope Tree en 1970 como supermodelo.
O número do 23 de abril de 1971 de The Hour titulou un dos seus artigos como "Supermodels Reveal Their Beauty Secrets", incluíndo un anuncio coa foto "Supermodel Cheryl Tiegs". O artigo tamén di: "O mundo da moda/beleza está salpicado con supermodelos" e "Cybill Shepherd unha supermodelo que pode converterse en superestrela". Jean Shrimpton foi descrita como supermodelo por Time en 1971, igual que Margaux Hemingway por Vogue o 1 de setembro de 1975, Beverly Johnson por Jet en 1977, e Naomi Sims no libro de 1978 Total Beauty Catalog de K.T. Maclay.
Lisa Fonssagrives e Dorian Leigh, cunhas carreiras que comezaron antes de que Dickinson nacese, foron recoñecidas retroactivamente como as primeiras supermodelos do século XX.Gross, Michael: "Model: The Ugly Business of Beautiful Women", 2003, Harper Paperbacks; Scott, Walter: "Parade", page 2, 10 de xuño de 2007."It's absurd. ...The first American supermodel was Dorian Leigh, who worked the late 1940s and '50s." Gia Carangi foi chamada a primeira supermodelo, igual que Jean Shrimpton.
Escritora Dickinson publicou un libro de memorias detallando os seus "días salvaxes" como supermodelo. Titulado No Lifeguard on Duty: The Accidental Life of the World's First Supermodel (2002), o libro deuna a coñecer a unha nova xeración. A súa continuación de 2004 foi Everything About Me is Fake… And I'm Perfect,Dickinson, Janice. Everything About Me Is Fake: And I'm Perfect. Nova York: ReganBooks (2004); en que describe a súa vida como modelo, as súas experiencias coa cirurxía plástica e a súa batalla contra a anorexia, a bulimia e o alcoholismo. O seu seguinte libro de memorias, Check Please! Dating, Mating, and Extricating (2006), fala dos home da súa vida, e trata das súas regras para as citas.Dickinson, Janice (2006). Check, Please: Dating, Mating, and Extricating, Nova York: ReganBooks;
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dickinson, Janice (2002). No Lifeguard on Duty: The Accidental Life of the World's First Supermodel. Nova York: ReganBooks;
Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1955 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América