O mourelo eurasiático, ás veces pentumeiro ou parrulo pentumeiro común,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. Melanitta nigra, é unha especie de pato mergullador mariño da orde dos anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos, unha das seis integradas no xénero Melanitta.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Carl von Linné en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas nigra.

Foi trasladada ao xénero Melanitta polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822,Melanitta F.Boie, 1822 no GBIF. Consultado o 13 de novembro de 2022.Melanitta F.Boie, 1822 na BioLib. Consultada o 13 de novembro de 2022. na páxina 980 do seu traballo: Boie, Friedrich (1822): Tagebuch gehalten auf einer Reise durch Norwegen im Jahre 1817. Schleswig: Königl Taubstummen - Institut. pp. 308, 351.

Etimoloxía Para a do xénero, ver Melanitta.

O epíteto específico, nigra, deriva do nominativo feminio singular do adxectivo latino niger, -gra -grum, que significa "negro".

Nota taxonómica Durante moito temo distinguíronse dúas subespecies: M. n. nigra, e M. n. americana, pero esta última foi elevada ao rango de especie co nome Melanitta americana.

Desde entón a especie é considerada monotípica e forma coa M. americana o subxénero Oidemia.

Características miniatura|esquerda|Parella de mourelos disecada no Museo de Historia Natural de Xenebra.

Este pato mariño mide xeralmente de 44 a 54 cm de longo.

Presenta un claro dimorfismo sexual. A plumaxe do macho é totalmente negra brillante agás debaixo das rémixes e no ventre, que son tamén negros, pero apagados. O peteiro é negro cunha protuberancia na base (que non acada o seu tamaño definitivo ata os tres anos) e unha mancha amarela alaranxada na mandíbula superior. As patas son negras amararronadas e os iris marróns avermellados.

O macho muda as plumas da testa e do corpo en xullo, e as das ás e a cola en setembro e outubro. A muda parcial solápase con esta muda completa, xa que se produce entre setembro e maio.

A femia presenta unha plumaxe marrón, máis escura na parte de arriba da cabeza. As meixelas, gorxa e partes laterais do pescozo son marróns cincentas moi clars, tirando mesmo a abrancazadas. O peito e o ventre son marróns claros. O peteiro é negro ou verdoso escuro, ás veces con marcas amarelas alaranxadas. Está un pouco avultado na base cando a femia envellece. Igual que no macho, a muda completa desenvólvese entre xullo e outubro, mais a muda parcial non empeza ata abril.

O individuo xove lembra moito á femia adulta, pero é dun marrón máis claro pola parte superior e máis branco pola inferior cunha pequena mancha amarela alaranxada arredor dos orificios nasais no macho. Nos xoves a forma e a cor do peteiro modifícanse para asemellarse ás do adulto a partir do final do primeiro inverno. A muda parcial prodúcese de decembro á primavera. O macho xove adquire progresivamente as plumas negras.

No macho a décima pluma rémixe primaria ten o vexilo (lámina da pluma) interno fortemente reducido na súa parte superior (a anchura da pluma queda así reducida aproximadamente á metade), o cal explica a produción dun asubío agudo cando a ave voa, a miúdo audible nas migracións. Esta redución é moito máis feble na femia.

+ Datos biométricos Á dobrada(mm) Cola(mm) Peteiro(mm) Tarso(mm) Lonxitude(cm) Envergadura(cm) Masa(g) Máximo 247 103 51 48 54 85 1 610 Mínimo 206 62 41 41 40 73 600 Macho adulto 224 a 247 82 a 103 43 a 51 43 a 48 960 a 1 610 Femia adulta 216 a 239 68 a 84 41 a 46 41 a 46 915 a 1 270 Macho xove 217 a 241 71 a 82 710 a 1 380 Femia xove 206 a 226 62 a 73 600 a 1 227

Ecoloxía e comportamento Locomoción

O mourelo nada normalmente co pescozo metido nos ombreiros (non estirado) e a cola curta ergueita de punta. Se o molestan, ergue o pescozo e mergúllase case totalmente.

Mergúllase con frecuencia ata dous metros de profundidade, ás veces ata os 10 ou 20 m (o máximo é 30 m). A duración dos mergullos varía de 18 a 30 segundos, pero pode chegar aos 60. As ás están pegadas ao corpo normalmente durante toda a inmersión, pero de cando en vez pode telas abertas, comportamente que é o típico no mourelo careto (Melanitta perspicillata) de América.

No mar voan normalmente en grandes formacións a pouca altitude (con frecuencia a só un ou dous metros) e aprovéitanse así do efecto solo, que permite aforrar ata un 20 % da enerxía que teñen que gastar, e a resistencia aerodinámica é reducida, pero sobre zonas terrestres a altitude de voo é moito máis elevada.

Vocalizacións

Voz do mourelo común

Esta especie xeralmente é silenciosa excepto no período reprodutor. Cando se produce o cortexo, a chamada co macho é un son de campá agudo e afrautado que soa cur-li, mentres que a femia produce sons renxentes, pero tamén gruñidos roucos. Ao principio da estación de reprodución e nas noites de migracións, estas aves poden emitir unha chamada tipo guiv-guiv. Ademais da súa distribución xeográfica, as vocalizacións poden servir para distinguir o parrulo mourelo común de Melanitta americana.

Reprodución

miniatura|esquerda|Xunqueira en Harchies (Bélxica), un tipo de hábitat moi aberto susceptible de ser habitado polo mourelo cando migra. O mourelo común é unha especie monógama. Igual que en numerosas especies de anátidos, os primeiros cortexos nupciais realízanse nos lugares de invernada e consisten en comportamentos de limpeza das plumas. O macho érguese na auga, estende as ás e sacode as plumas do dorso. Simula o alisado das rémixes e abanea frecuentemente a testa. Finxe tamén agresións a outros individuos nadando coas costas moi arqueadas, o pescozo metido entre os ombreiros, e o peteiro mantido horizontalmente, facendo salpicar auga por detrás del coas patas e parando bruscamente. As parellas non son estables ata a primavera.

O regreso ás zonas de nidificación faise en maio. Fai o niño en lagos, xunqueiras ou tundras. O niño está xeralmente ben agochado entre vexetación mesta e moi a miúdo está situado entre arbustos, ou por veces en depresións naturais. Constrúeo a femia con herbas, musgos, liques e penuxe. Entre finais de maio e xuño, a femia pon de seis a oito ovos na Rusia europea e nove ou dez en Islandia (catro e once son os valores extremos, aínda que este último valor se trata probablemente de postas feitas por dúas femias). Son ovos de forma oval de ton crema ou rebezo, que miden como media 66 × 45 mm (os valores extremos son de 59 a 72 × 41,3 a 47,7 mm). A femia realiza unha soa posta. En caso de destrución dos ovos, estes son substituídos só no 30 % dos casos aproximadamente.

A femia choca os ovos só durante de 27 a 31 días, e o macho a abandona rapidamente. Cando ela se afasta do niño, por exemplo, para se alimentar, cobre os ovos con penuxe. Como a incubación comeza coa posta do derradeiro ovo, a eclosión está sincronizada. As cascas dos ovos quedan no niño, o cal as crías abandonan rapidamente. Os polos poden nutrirse de seu mais son protexidos pola femia baixo a cal se refuxian pola noite durante certo tempo. A nai permanece preto dos parruliños e acompáñaos ata a auga durante seis ou sete semanas, despois das cales xa son independentes, aínda que permanecen agrupados. A súa plumaxe tarda de 45 a 50 días en estar completa; efectúan a súa primeira reprodución á idade de dous ou tres anos.

Predadores e lonxevidade Os predadores mellor coñecidos do mourelo común son o pigargo Haliaeetus albicilla en Noruega, e o azor e o falcón peregrino en Alemaña (illa de Rügen). A lonxevidade máxima rexistrada foi a dun individuo anelado atopado en Islandia que cumprira 16 anos e 9 meses.

Alimentación

miniatura|O caramuxo Littorina littorea é un dos numerosos moluscos consumidos polo mourelo. O mourelo obtén o seu alimento principalmente baixo a auga: pode mergullarse a seis metros ou máis de profundidade para nutrirse de moluscos, crustáceos, vermes, insectos acuáticos e as súas larvas. Pode comer vexetais (brotes verdes, plantas acuáticas…).

No mar e nas augas pouco fondas, come esencialmente moluscos, en particular mexillóns Mytilus edulis (de ata 40 mm), pero tamén algúns outros bivalvos como croques Cerastoderma (tamén de ata 40 mm), Mya, Spisula, e tamén Venus, Tellina, Macoma, Solen, Venerupis, Arctica, Nucula e Hiatella, e gasterópodos (Nassarius reticulatus, Littorina e Hydrobia). Por exemplo, nas costas de Normandía, o mourelo consome sobre todo moluscos Donax vittatus, Nucula turgida, Euspira pulchella e Cerastoderma edule. Ocasionalmente come crustáceos, especialmente isópodos (Idotea), anfípodos (Gammarus) e pequenos cangrexos (Carcinus). A súa dieta comprende igualmente de maneira marxinal anélidos poliquetos e equinodermos.

En auga doce este parrulo come moluscos, esencialmente mexillóns do xénero Anodonta e os Lymnaea, imagos e larvas de insectos, anélidos, pequenos peixes e os seus ovos, raíces, tubérculos e grans.

En Islandia, en verán, o mourelo come larvas de Chironomidae, Lymnaea, ovos de peixes, sementes de Potamogeton e crustáceos cladóceros. No lago Mývatn de Islandia, as crías de mourelo aliméntanse sobre todo de insectos adultos e inxiren tamén grans sobre todo de Potamogeton. Cando tañen máis idade pasan a comer esencialmente larvas de quironómidos e algúns cladóceros.

Distribución e hábitat Distribución xeográfica

O mourelo reprodúcese esencialmente desde o sur de Noruega ao norte de Asia ata o río Lena. Está en regresión en Finlandia (500 parellas) cunha retirada cara ao norte do límite meridional de nidificación. Máis ao oeste, esta ave está menos difundida: en Escocia (reprodución a partir de 1855, quizais antes, 30 parellas en 1974), Irlanda (reprodución a partir de 1905, de 70 a 200 parellas de 1966 a 1974), Islandia (500 parellas en 1975). Algúns casos de reprodución rexistráronse tamén en Spitzbergen (en 1905, 1963 e 1965) e nas illas Feroe .

É unha ave accidental en Hungría, Austria, Suíza, Italia, ex-Iugoslavia, Grecia, Romanía, Bulgaria, Turquía, Libia, Alxeria, Kuwait, Chipre, Malta, Madeira, Azores e Canarias. En Galicia aparece como ave invernante escasa ou como ave de paso.

Hábitat

miniatura|Un lago de montaña, o lago d'Annecy, no que ás veces inverna o mourelo. En perído de reprodución nas rexións árticas e boreais, o mourelo común frecuenta unha variedade moi grande de hábitats: os lagos, cursos de auga lentos, os pantanos da tundra, a tundra boscosa da taiga, as uceiras ao bordo de pequenos lagos de montaña.

Durante o período de muda cando non poden voar, estas aves permanecen en bandadas, a miúdo fóra das áreas de reprodución, en grandes lagos ou no mar.

En migración e en invernada, o mourelo permanece esencialmente no mar e en menor medida nos lagos grandes onde é máis irregular e menos abondosa que o mourelo de á branca. Descansa e aliméntase en grupos xeralmente a unha distancia no litoral de 500 m a 2 km da costa en zonas onde a profundidade non excede os 10 a 20 m e onde a nutrición animal é abondosa e accesible. En ditas condicións, as aves aceptan a exposición a ondas fortes e a correntes rápidas, pero as costas máis rochosas non adoitan ser moi favorables para eles.

Migración e invernada miniatura|Debuxo de 1902 representando un grupo de mourelos, cunha parella en primeiro plano. miniatura|Parella de mourelos debuxados por Henry Eeles Dresser.

O mourelo é unha ave esencialmente migradora, aínda que hai pequenas poboacións que só se desprazan a pequena distancia.