The Mind, Explained é unha miniserie web estadounidense de 2019. A serie está narrada por Emma Stone na tempada 1 e Julianne Moore na tempada 2, e aborda o que ocorre dentro do cerebro en distintas situacións, como cando soñamos ou temos ansiedade. Os episodios están orientados a responder as grandes preguntas sobre cinco temas: memoria, soños, ansiedade, conciencia e alucinóxenos. A miniserie forma parte da serie Explained de Vox e Netflix. A serie mestura diferentes formatos como entrevistas, animación e gráficos.

Episodios Consta de dúas tempadas de 5 episodios, e cada episodio ten unha duración de arredor de 20 minutos. O primeiro episodio pode ser visto en YouTube totalmente de balde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Explained Sex, Explained Coronavirus, Explained Whose Vote Counts, Explained Money, Explained

Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América