Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reúne ás salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1878 polo reformador político, ornitólogo e botánico inglés, que traballou na India británica, Allan Octavian Hume, baixo o nome de Collocalia maxima,Wikispecies que é o seu protónimo.Aerodramus maximus (Hume, 1878) en AviBase.
Etimoloxía Para a do xénero, ver Aerodramus.
O epíteto específico, maximus, é o nominativo singular do superlativo do adxectivo latino magnus, -a, -um, "grande", "de máximas dimensións". Literalmente: "grandísimo".
Subespecies Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas tres subespecies que se indican:Ver Aerodramus na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 18 de outubro de 2019.Aerodramus maximus (Hume, 1878) no ITIS. Consultada o 18 de outubro de 2019.
Aerodramus maximus (Hume, 1878) Aerodramus maximus maximus (Hume, 1878) - Sur de Myanmar, Malaisia, e sueste de Vietnam Aerodramus maximus lowi (Sharpe, 1879) - Sumatra, norte e oeste Borneo, e Xava Aerodramus maximus tichelmani (Stresemann, 1926) - Sueste de Borneo
Características Cunha lonxitude corporal de 14 cm, é a máis grande das salanganas. A súa plumaxe é predominantemente de cor parda agrisada; a cola está levemente fendida o centro.
A especie ten a capacidade de ecolocalización, o que lle permite visitar as colonias de cría situadas en covas, que tamén lle serven de refuxio para descansar e durmir.
Distribución e hábitat A súa área de distribución está situada no sueste asiático, principalmente na península Malaia e nas illas da Sonda, pero tamén se atopa en Myanmar, Tailandia, Filipinas e Vietnam.
Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais húmidos e os bosques de montañas húmidos.BirdLife International (2016): Aerodramus maximus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 18 de outubro de 2019.
Usos
Aerodramus maximus é unha das principais fontes de niños comestíbeis para a elaboración da famosa delicatessen chinesa: a sopa de niño de anduriña,Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134. que se consumiu tradicionalmente na China durante os últimos 400 anos.Hobbs, Joseph J. (2004): "Problems in the harvest of edible birds’ nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo." Biodiversity and Conservation 13: 2209-2226.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4. Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos Aerodramus
Ligazóns externas Aerodramus maximus na ADW. Black Nest Swiftlet. Aerodramus maximus (Hume 1878) na EOL. Aerodramus maximus (Hume, 1878) en AviBase.
Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1878