O río Támega, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a toda a cunca fluvial galega do río Támega, que é o chamado val de Monterrei ata a raia portuguesa, e os seus afluentes. Esta área de conservación ocupa 630,46 ha. dos concellos Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín, todos da comarca de Verín.
Fauna e flora Flora No espazo natural do río Támega dominan as ribeiras arredor do Támega e os seus afluentes con masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior)e prados de sega con especies como Alopecurus pratensis e Sanguisorba officinalis. Séguenlle os vales e abas, que decorren desde o río ata as montañas, e onde aparece vexetación de auga ou parcialmente de auga e de musgos acuáticos.
Ademais destes hábitats, están presentes ribeiras lamacentas e áreas con augas estancadas, oligotróficas e mesotróficas. Destacan tamén os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix.
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son: Especie Drepanocladus vernicosus Narcissus asturiensis
Fauna Entre a fauna do espazo destacan os invertebrados Cerambyx cerdo, Lucanus cervus, o sapo Pelobates cultripes e os morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros. Entre as aves están presentes 15 especies de interese, como son o caso de Elanus caeruleus, Lullula arborea, Emberiza hortulana ou Sylvia undata''.
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Miniopterus schreibersii Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Lexislación O río Támega foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e en setembro de 2006 dentro da rexión mediterránea e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Castrelo do Val Categoría:Laza Categoría:Monterrei Categoría:Oímbra Categoría:Verín