miniatura|300x300px|O Imperio Aqueménida no momento da súa máxima expansión.O'Brien, P. K. (2002). Páxinas 42-43. "The expansion of the Achaemenid Empire ". En O'Brien, P. (1999)."The Achaemenid Persian Empire". En Davidson, P. (2018). Barraclough, G. (1989). Páxina 79.
A moeda aqueménida é a emitida baixo o poder do Imperio Aqueménida entre o ano 520 a. de C. e o 330 a. de C. O dárico persa foi a primeira moeda de ouro e, en conxunto coa súa correspondente de prata, o siclo, representaron o padrón monetario bimetálico do Imperio Aqueménida Persa.Alram, M. "Daric". En Encyclopaedia Iranica.
Con todo, a moeda aqueménida abrangue non só as emisións oficiais en dáricos e siclos, senón tamén outras cuñaxes realizadas por algún gobernadores aqueménidas (sátrapas), como é o caso dos da Asia Menor.
Primeiras cuñaxes da Asia Occidental baixo o Imperio Aqueménida miniatura|Moeda tipo de Creso, a creseida, cuñada en Lidia baixo os reinados de Ciro o Grande a Darío I. Ca. 545-520 a. de C."Kings of Lydia. Time of Cyrus to Darios I. Circa 545-520 BC. AV Stater (8.06 g)". CNC Classical Numismatig Group. miniatura|Moeda de Licia, cun prótome de touro no anverso e cun motivo xeométrico incuso punzonado no reverso. Ca. 520-470 a. de C.
Cando Ciro o Grande (550-530 a. de C) accedeu ao poder, a moeda non era algo habitual no seu reino e, no canto dela, utilizábase o troco e tamén os lingotes de prata nas relacións comerciais, unha práctica habitual en Asia Central despois do século VI a. de C.Metcalf, W. E. (2016). Páxinas 61-65. Bivar, A. D. H. (1971).
Ciro introduciu a moeda no seu imperio a partir de 546 a. de C., logo da súa conquista de Lidia e a derrota do seu rei Creso, cuxo pai cuñara as primeiras moedas da humanidade. Coa súa conquista de Lidia, Ciro accedeu a unha rexión desenvolvida, cunha metalurxia moi avanzada e xa con medio século de amoedacións, o que facía dese territorio unha das potencias comerciais do seu tempo.
Suponse que Ciro adoptou inicialmente a moeda lidia e logo continuou cuñando as súas propias creseidas coa característica tipoloxía do león e o touro. Os estateros tiñan un peso de 10,7 gramos, un estándar inicialmente creado por Creso e logo adoptado polos persas, que se coñece como "padrón persa". Os persas tamén cuñaron medias creseidas póstumas, cun peso de 5,35 g, o cal se ía converter máis tarde no padrón de peso dos siclos, introducidos á fin do século VI a. de C.Kim, H. S.; Kroll, J. H. (2008). Páxina 55.Cahill, N.; Kroll, J. H (2005).
Pouco despois de 546 a. de C., Ciro tomou tamén control de toda a Asia Menor, incluíndo outros reinos como Licia, Caria ou Xonia, a partir das conquistas do seu xeneral Harpago.Christidēs, A.-Ph et al. (2007). Páxina 924.
Coa conquista de Lidia e a adopción do seu sistema monetario, o incipiente Imperio Aqueménida alcanzou a supremacía económica. A ceca foi situada en Sardes, daquela capital de todas as satrapías, rexión que abastecía de moeda circulante.Metcalf, W. E. (2016). Páxinas 63-64.
Canto á tecnoloxía das cuñaxes, ambas as caras eran gravadas por separado. Estas primeiras moedas tiñan un reverso incuso gravado a golpe de punzón, en tanto que os motivos dos anversos consistían nalgunha figura pictórica.Dow, J. A. (2011). Páxina 83. As moedas lidias cuñábanse cun dobre golpe de punzón nos reversos, unha técnica que sería simplificado no tempo de Darío, na que se utilizaba unha única punzonada. Algunhas das primeiras cuñaxes de Licia baixo os aqueménidas tamén amosaban un deseño animal nos anversos e punzonadas incusas nos reversos que reproducían formas xeométricas.Carradice, I. (1987). Páxina 32.Kraay, C. M. (1976). Páxina 269: "[...] on the reverse an incuse punch which develops into a distinctive local form incorporating two diagonals between projecting rectangular lugs" [...]
O tesouro da Apadana (ca. 515 a. de C.)
No momento da fundación do Palacio da Apadana en Persépole, arredor de 515 a. de C., os aqueménidas non deberan ter ideado aínda os seus dáricos e os seus siclos. Isto despréndese do feito de que ningunha destas moedas fose atopada no achado monetario baixo as pedras do devandito palacio. No entanto, neste tesouro apareceron grandes cantidades de creseidas do tipo das cuñadas en Sardes, probablemente baixo o reinado de Darío I, así como estateros de prata importados da Grecia arcaica.
Estes son os tipos máis frecuentes de moedas con presenza no tesouro da Apadana:
Os dáricos e os siclos
miniatura|Siclo do tipo I ("rei con arco e frechas", só coa parte superior do corpo), do tempo de Darío I. Ca. 520-505 a. de C.
miniatura|Dárico do tipo II ("rei disparando a frecha"), do tempo de Darío I a Xerxes I, ca. 505-480 a. de C. Non se coñecen siclos deste tipo).Os primeiros cambios introducidos nas moedas aqueménidas sobre as que herdaron dos lidios ocorreron durante o reinado de Darío I (522-486 a. de C.). Nese período a cuñaxe de creseidas en Sardes foise substituíndo progresivamente pola de dáricos e siclos. Desde arredor de 510 a. de C., Darío simplificou o procedemento de cuñaxe ao limitar a un só golpe de punzón a gravación dos reversos, que nas cuñaxes de Lidia era dobre, e introduciu a imaxe do rei persa no canto do león e o touro característicos.
Nunha taboíña de arxila datada no ano 22 do reinado de Darío I (arredor de 500 a. de C.), reprodúcese un siclo co característico guerreiro disparando unha seta, o que supón un testemuño de que tal moeda xa existía na época.Daehn, W. (2012). Páxina 17. Root, M. C. (1989). Por mor desta e doutras descubertas, a creación do dárico e do siclo dátase na derradeira década do século VI a. de C., durante o reinado de Darío I.
As primeiras destas novas moedas aqueménidas eran todas de prata, en tanto que se mantiñan en circulación as de ouro implantadas por Creso. Darío introduciu os novos modelos das moedas de ouro coñecidas como dáricos, tomando o nome da palabra daruiyaka, da antiga lingua persa, que significaba "de ouro". Malia teren desenvolvido os aqueménidas o seu propio sistema monetario, estes seguían recoñecendo e aceptando a produción monetaria local nos territorios controlados por eles, particularmente na Asia Occidental.Mildenberg, L. (2000). Páxina 10.
Actividade das cecas miniatura|esquerda|Localización de Sardes, en Lidia. A pesar de que os aqueménidas desenvolveron completamente a produción de moeda na Asia occidental, a economía baseada no troco mantivo a súa importancia no corazón de Irán durante todo o período aqueménida, e nesa zona non implantaron obradoiros monetarios. A cuñaxe en Irán non se iniciou ata máis ou menos o ano 330 a. de C., baixo Alexandre o Grande e durante o Imperio Seléucida. A circulación dos dáricos limitábase principalmente á parte occidental do Imperio Aqueménida.
Parece que toda a actividade de cuñaxe dos dáricos e os siclos para todo o imperio estaba centralizada nunha ou, quizais, dúas cecas: en Sardes e, probablemente, en Licia.Metcalf, W. E. (2016). Páxinas 68-71. Sardes mantívose como a ceca central da moeda aqueménida e non hai evidencia doutros obradoiros para as novas moedas aqueménidas durante todo o tempo do imperio.Fisher, W. B. et al. (1968). Páxina 619. Baseándose nos achados monetarios, Sardes foi con claridade a ceca principal, mais non se pode pechar a posibilidade de que existisen cecas secundarias no suroeste e no noroeste da Asia Menor.
En xeral, a cuñaxe de dáricos e siclos debeu ser en pequenas cantidades en comparación coas doutras producións de moeda local e coa circulación de moedas gregas naquela zona.Metcalf, W. E. (2016). Páxinas 70-80. Malia térense convertido os dáricos de ouro nunha moeda internacional, que chegou a circular por todo o mundo antigo, a circulación dos siclos de prata limitouse practicamente a Asia Menor: os achados importantes de siclos só se producen nesa zona, e os escasos aparecidos noutras áreas sempre son moi marxinais, en comparación coas moedas gregas, mesmo en territorios aqueménidas.
Consonte o numismático británico Martin Price, non hai dúbida de que algúns tipos de dáricos (que el chama tipo I e tipo II) foron cuñados en Sardes, continuando inmediatamente a produción de creseidas, xa que ambas as moedas tiñan un peso e unha tipoloxía similares. Price insiste en que os achados de creseidas e os tipos de dáricos e siclos que reproducen a figura do arqueiro non se corresponden con emisións imperiais, senón máis ben da satrapía de Lidia.Price, M. (1989). "Intervention". En Root, M. C. (1989). Páxina 50.
Padróns miniatura|Sistema bimetálico da moeda aqueménida: o valor dun dárico equivalía ao de 20 siclos. Darío introduciu a reforma do sistema monetario ca. 510-500 a. de C., baseado no dárico como moeda de ouro e o siclo como unidade de prata, cunha taxa de troco entre eles dun dárico por cada 20 siclos (a razón e entre o valor do ouro e o da prata era de 1 a 13).
O peso da moeda de ouro era de entre 8,10 e 8,50 gramos, con base no siclo de Babilonia, lixeiramente superior ao padrón utilizado por Creso, de 8,06 gramos. A pureza de ouro era entre 98 % e o 99 %. O valor dun dárico era o mesmo que o de 25 dracmas áticos, o que representaba aproximadamente o soldo dun mes dun soldado.Snodgrass, M. E. (2015). Páxina 125. Esta nova moeda adquiriu moita popularidade en todo o mundo antigo durante máis de 150 anos.
Arredor de 395 a. de C., os aqueménidas, encabezados polo sátrapa Farnabazo II, subornaron os estados gregos para atacar Esparta mediante o pagamento de decenas de milleiros de dáricos, que na época estaban a desenvolver unha campaña bélica en Asia Menor dirixidos por Axesilao. Isto supuxo o inicio da Guerra de Corinto. Segundo Plutarco, o rei espartano Axesilao dixo ao saír de Asia "fun expulsado por 10.000 arqueiros persas", en referencia aos dáricos polos deseños dos seus anversos, xa que esa cantidade de diñeiro fora o pagado aos políticos atenienses e tebanos para empezar a guerra contra Esparta.Plutarco 15-1-6: "[...] As moedas persas estaban estampadas coa figura dun arqueiro, e Axesilao dixo, en tanto que rompía o campamento, que o rei o estaba a expulsar de Asia con 10.000 "arqueiros", xa que ese diñeiro fora enviado a Atenas e a Tebas e distribuído alí entre os gobernantes locais, e como consecuencia esas xentes fixéronlles a guerra aos espartanos [...]".Schwartzwald, J. L. (2014). Páxina 73.
Pola súa banda, os siclos tiñan un peso de entre 5,40 e 5,60 gramos, e foi concibido con base na metade do siclo lidio de entre 10,73 e 10,92 gramos por unidade. A pureza era ao principio do 97 % ao 98 %, mais cara á metade do século IV a. de C. se rebaixou ao 94 % ou 95 %. En relación coa moeda ática, un siclo equivalía a sete óbolos e medio.
Aínda que a rexión de Babilonia non cuñara nunca dáricos nin siclos, logo da súa captura por Alexandre o Grande o sátrapa Maceo, reconfirmado no seu posto por Alexandre, emitiu dobres dáricos de 16,65 gramos.Spek, R. J. Van der et al. (2014). Páxina 377.
miniatura|Arqueiro de Heracles nunha moeda de Chipre de fins do s. VI ou principios do V a. de C. (esquerda) e siclo aqueménida tipo II (dereita).
Deseño A tipoloxía do arqueiro característica da moeda aqueménida pode ter derivado doutras similares da moeda grega do seu tempo, en particular as frechas de Heracles. A adaptación deste deseño para a representación do rei ou o heroe aqueménida nos anversos puido ter o contido de glorificación do rei doadamente intelixible para a poboación helenizada nas zonas occidentais do Imperio Aqueménida, á que, precisamente, se destinaban principalmente estas moedas.Root, M. C. (1989). Páxinas 43-50.Daehn, W. (2012). Páxina 20.
Así mesmo, coñécense na arte sumeria outras representacións do rei como un arqueiro (por exemplo disparando desde o seu carro), polo que esta tipoloxía tamén resultaría natural para esa poboación.