Laut Bercermin é un filme indonesio de 2011 dirixido por Kamila Andini e coproducido polo pai de Andini, Garin Nugroho, e a antiga Miss Indonesia Nadine Chandrawinata. Está protagonizado por Gita Novalista, Atiqah Hasiholan e Reza Rahadian, e conta a historia dunha moza bajaw chamada Pakis que perde ó seu pai no mar e emprega espellos para tentar atopalo. O filme ten múltiples interpretacións, como o dunha historia de maduración ou unha obra de contido ambientalista.
Filmado durante un período de dous meses e logo de case tres anos de investigación, Laut Bercermin foi parcialmente financiado pola póla indonesia do Fondo Mundial para a Natureza e polo goberno de Wakatobi. Trátase do primeiro filme en lingua bajaw. Malia ser un fracaso comercial no seu país de orixe, estreouse en varios festivais internacionais e gañou varios premios tanto dentro como fóra de Indonesia. A crítica deulle unha valoración positiva, salientando os visuais do filme.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua bajaw Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes dirixidos por Kamila Andini Categoría:Filmes sobre o medio ambiente