miniatura|Miguel de Cervantes, por Cayetano Hilario Cayetano Hilario Abellán, nado en Argamasilla de Alba (Castela-A Mancha) o 21 de maio de 1916 e finado en 1997, foi un escultor autodidacta español que produciu esculturas de diferentes temáticas. O seu traballo máis coñecido é o conxunto escultórico de personaxes da novela Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes.
Traxectoria Fillo de Cayetano Hilario, alcalde de Argamasilla de Alba durante a II República e a guerra civil española e Juliana Abellán, Cayetano foi o terceiro de seis irmáns. Afiliouse ao partido comunista durante a ditadura de Franco. Cayetano, como moitos outros que loitaron contra os fascistas da guerra civil española foi enviado a unha prisión durante os anos 1944—1945. Perdeu un dos seus irmáns durante a guerra, Julián Hilario.
A súa paixón pola escultura viña de neno, cando tallaba pedras e madeira para entreterse. Comezou a súa carreira como albanel e nos seus tempos libres aprendeu por si só a arte da escultura, aínda que non foi ata o final da guerra civil cando puido cambiar a súa profesión á escultura. A súa obra, de temática quixotesca, relixiosa ou costumista, pode ser vista en Argamasilla de Alba e outros lugares dos arredores. A súa fonte principal de inspiración era o libro Don Quixote da Mancha, o que foi escrito inicialmente en Argamasilla de Alba. Cayetano axudou na restauración da Cova-prisión de Medrano, a prisión onde se supón que Cervantes comezou a escribir o libro mentres estaba preso.
Debido aos seus ideais políticos, durante a ditadura franquista foille negado nunha ocasión o premio dun concurso no que foi gañador, pero Cayetano, como moitos outros en Argamasilla de Alba que sufriron a guerra e a posguerra, era un home pacífico que respectaba as opinións dos demais; nas súas palabras propias:
Debido á súa carreira artística, o concello nomeouno Fillo Predilecto da cidade o 7 de setembro de 1979. Casou con Cristina Torres, coa que tivo catro fillos, e faleceu en 1997.
En 2016 erixíronse dúas placas conmemorativas nos lugares onde Cayetano Hilario viviu e traballou en Argamasilla de Alba.
Obra A obra de Hilario está na súa maioría en lugares públicos de varias cidades e xente na rexión manchega. O resto das súas pezas están en mans privadas. Sendo un admirador de Auguste Rodin e das esculturas de Michelangelo, así como un lector insaciable das novelas de Cervantes, Cayetano Hilario baseou a súa creación artística na materialización dos personaxes principais do libro de Cervantes, que esculpiu a tamaño natural. Para facer tal traballo, usou como modelos persoas próximas, como os seus amigos ou familiares.
Gurpo de Don Quixote Este grupo escultórico, inspirado no libro Don Quixote da Mancha, consta de catro pezas: Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea do Toboso e o escritor Miguel de Cervantes. Estas esculturas foron colocadas en prazas e lugares públicos no lugar natal do autor. Pódese admirar neste grupo de esculturas un impresionante Don Quixote, que representaba un honorable cabaleiro cando xa era Alonso Quijano. É representado como un habitante da localidade, quen máis tarde se converterá nun cabaleiro idealista que quere loitar contra as inxustizas do mundo. A escultura amosa a Alonso Quijano mentres está a ler un dos seus libros incontables de cabaleiros, cun brazo en alto e mirando arriba, imaxinando as súas próximas aventuras. Sancho Panza: A figura de Sancho Panza parece ser inspirada nun modelo local tamén. Sancho está a levar viño e queso, produtos típicos desta área. Dulcinea do Toboso: A escultura de Aldonza Lorenzo, nomeada como Dulcinea do Toboso por Don Quixote, foi modelada polo escultor como unha muller nova cun cántaro cheo de auga nunha actitude segura cara ao futuro. Cervantes: O autor completa este grupo escultórico co seu traballo do escritor Miguel de Cervantes. O escritor está sentado e ten unha actitude pensativa. Unha das súas mans está suxeitando un papel enrolado e pódese apreciar a súa outra man mutilada, a cal deu ao famoso escritor o alcume de "o manco de Lepanto".
Outras esculturas en homenaxe a escritores e traballos do campo Outras esculturas creadas polo mesmo artista foron feitas en homenaxe a coñecidos escritores como Azorín e os poetas Miguel Hernández e Vicente Cano, e outras pezas feitas en recoñecemento de varias profesións típicas do país, como "O pastor", "O segador" ou "A colleita da uva", "A profesora nacional" e "Músicos".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Tributo a Cervantes Tributo al 400.º aniversario de la muerte de Cervantes Tributo a Cayetano Hilario en su casa Censo de luchadores antifranquistas Inauguración de la escultura a la profesora en Manzanares y un busto de Azorín, ABC, 23 de xullo de 1974 Descrición breve por El País ABC, 12 de xullo de 1990 Inauguración de la estatua de Don Quijote en Munera (Albacete), ABC, 13 de marzo de 1977 Planes para conmemorar a Víctor de la Serna con un busto por Cayetano Hilario, ABC, 27 de febreiro de 1972
Categoría:Escultores de Castela-A Mancha Categoría:Nados en Argamasilla de Alba Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1997