The Bottom (antes Botte) é a capital e a cidade máis grande da illa de Saba,The villages of Saba (Saba Tourist Bureau) no Caribe neerlandés, e é a primeira parada no camiño dende o porto de Saba en Fort Bay cara ao resto da illa. Ten aproximadamente 500 habitantes do total de 1.991 insulares.

Historia

A cidade fundouse en 1632 por colonos procedentes de Zelandia. O nome orixinal da cidade era De Botte, unha antiga palabra neerlandesa para facer referencia a unha "cunca". O nome fai alusión á súa localización nun val relativamente plano rodeado de montañas. "The Bottom" (o fondo) é unha corrupción inglesa deste nome. Ao contrario do que suxere o seu nome, a cidade está a uns 220 msnm.

Pronto, os primeiros pobos zelandeses foron superados en número polos mariñeiros e piratas de Irlanda e Escocia, por un lado, e polos escravos africanos por outro. A illa volvéuse tan anglófona que o nome en inglés (The Bottom) convertéuse no máis común.

Linguas

Os habitantes xeralmente falan neerlandés, por ser colonizados por eles e dependentes do Reino dos Países Baixos.

Tamén se pode atopar xente que domina o español, grazas a súa proximidade con países de fala española como Venezuela e Colombia.

Tamén se falan linguas nativas como o papiamento, oficial en toda a illa de Saba e en case todas as Antillas Menores, como Aruba, Curaçao e Bonaire.

Clima

Infraestrutura The Bottom alberga oficinas do goberno, un hospital, unha residencia de anciáns, un campo deportivo, tres igrexas, unha biblioteca, varias tendas e os 200 estudantes da Escola de Medicina da Universidade de Saba.

Eventos Como capital da illa, The Bottom acolle varios eventos ao longo do ano. Durante o verán celébrase aquí o "Entroido de Saba". É un desfile cheo de cor acompañado da música de tambores de aceiro e artistas locais. É un evento moi esperado no calendario de Saba, xa que a maioría da illa xúntase para bailar, cantar e gozar do festival. O Entroido de Saba adoita durar uns días nos que a illa se centra na parte inferior.}

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Cidades dos Países Baixos