O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.
Historia Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978. Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia. A partir do ano 2009, cando contaba con 800 subscritores, estudouse a posibilidade de deixar de imprimilo en papel. Finalmente, o artigo 13 do Decreto 198/2010 conferiulle á edición electrónica do DOG o carácter de "oficial, auténtico e único", e dende o 2 de maio de 2011, deixouse de imprimir en papel, existindo só a versión dixital dende entón.
A Unidade Administrativa do Diario Oficial de Galicia está adscrita á Consellería de Presidencia e ten a súa sede no Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela. miniatura|page=2|Decreto polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona.|centro
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Boletín Oficial de Galicia Boletín Oficial del Estado
Ligazóns externas Páxina web do Diario Oficial de Galicia
Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Administración