José Sabariz García, nado en Antas de Ulla e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Militante de Izquierda Republicana. O 16 de febreiro de 1936, cando se celebraban as eleccións a Cortes, encontrándose nun colexio electoral de Antas de Ulla, José Varela Basabrú disparoulles a el, a Victorino García Otero e a outro. José e Victorino foron trasladados ao Hospital de Lugo.El Pueblo Gallego, 18-2-1936, p. 11. Finou na súa casa de Antas de Ulla o 15 de marzo. Ao seu enterro asistiron o gobernador civil de Lugo e outras autoridadesEl Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 12.El Pueblo Gallego, 22-3-1936, p. 10. A súa morte foi noticia na prensa estatal porque o autor dos disparos, José Varela, era o xenro de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito).
Notas
Categoría:Nados en Antas de Ulla Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos