Charles Frederick Kiraly, nado en Jackson (Míchigan) o 13 de novembro de 1960 é un xogador de voleibol estadounidense nas modalidades de sala e praia, coñecido como Karch Kiraly.

Participou en tres Xogos Olímpicos, obtendo en cada edición unha medalla de ouro: nos Ánxeles 1984 e Seúl 1988 en voleibol e en Atlanta 1996 en volei praia.«Karch Kiraly» en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) . Tamén gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Voleibol de 1986 e unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Volei Praia 1997.«Karch Kiraly». Base de datos de la FIVB .

Palmarés Voleibol Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Torneo1984 Os Ánxeles ()Ouro Masculino1988 Seúl ()Ouro Masculino Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Torneo1986 Ouro Masculino

Volei praia Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Parella1996 Atlanta ()Ouro Kent Steffes Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Parella 1997 Os Ánxeles ()Bronce Dain Blanton

Outras ocupacións Comentarista Kiraly traballou como comentarista para ESPN e tamén traballou como analista para NBC Sports durante a cobertura da competición de volei praia nos Xogos Olímpicos de 2008.

Carreira como adestrador Kiraly comezou a adestrar no St. Margaret's Episcopal High School, onde xogaban os seus fillos, Kristian e Kory. En 2012 foi nomeado adestrador xefe da selección feminina estadounidense para os Xogos Olímpicos de 2016. En outubro de 2014 participou no Campionato do Mundo en que os Estados Unidos venceron á China na final, o que fixo de Kiraly a cuarta persoa que gañaba unha medalla de ouro nun campionato do mundo como xogador e como adestrador.

Nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, os Estados Unidos obtiveron a medalla de bronce , co que Kiraly se converteu no cuarto xogador que gañou medallas como xogador e como adestrador.

Vida persoal Kiraly reside en San Clemente, California, coa súa esposa Janna. O seu pai, Laszlo Kiraly, xogou co equipo nacional júnior de voleibol de Hungría. Kiraly estudou bioquímica na universidade e pensou en estudar medicina.

Kiraly traballou coidando a Misty May-Treanor cando era novo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Karch Kiraly Volleyball Academy

Categoría:Nados no condado de Jackson, Míchigan Categoría:Nados en 1960 Categoría:Xogadores de voleibol olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984‎ Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Xogadores de voleibol nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Xogadores de voleibol nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en voleibol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Xogadores de voleibol praia olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de voleibol praia nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos en voleibol praia