Bosnian Rainbows foi unha banda estadounidense de art rock procedente de El Paso, Texas, formada no ano 2012. O grupo estaba formado polos antigos membros de The Mars Volta Omar Rodríguez-López (guitarra, coros) e Deantoni Parks (batería, teclados), xunto coa vocalista de Le Butcherettes Teri Gender Bender e Nicci Kasper de KUDU e We Are Dark Angels (teclados).

Inicialmente presentouse como unha variación do Omar Rodriguez Lopez Group e formouse tras a decisión de deixar o proxecto principal de Rodríguez-López, The Mars Volta, en hiato.

Historia En marzo de 2012 The Mars Volta publicou o seu sexto álbum, Noctourniquet, despois dun longo período de gravación de tres anos. Só se anunciaron 19 datas para a xira de promoción do disco, das cales 18 eran en Europa e a outra en Israel. Tras rematar a xira, Rodríguez-López regresou á súa cidade natal de El Paso, Texas, e formou Bosnian Rainbows coa súa frecuente colaboradora Teri Gender Bender de Le Butcherettes, co batería de The Mars Volta Deantoni Parks, e con Nicci Kasper, que anteriormente traballara con Parks en Kudu. Lembrando o nacemento do grupo Rodríguez-López destacou, "Atopeime só e aburrido. Entón é como, 'OK, nova fase - entremos e creemos un diálogo. Atopemos algunhas cousas".

Rodríguez-López posteriormente puxo a The Mars Volta en hiato (aínda que a banda disolveuse catro meses máis tarde) co obxectivo de centrarse nun proxecto máis democrático, dicindo, "É unha banda. É algo no que non estiven en máis de once anos. [...] [The Mars Volta] foi o meu bebé: eu iniciei o grupo; eu bauticeino; reservei todas as nosas xiras. Fíxose coñecida como a miña familia, non a miña banda. Tiña que ter o control de todo e estaba dominando a todos, non só aos músicos". Rodríguez-López explicou, "Facer películas fíxome colaborador, xa que é un medio tan grande que non podería facelo todo só, sabes? E tamén saír con todos os meus amigos, Jim e Tony e Paul, os rapaces de At the Drive-In, e estando nese espazo mental novamente, a vida te coloca exactamente onde precisas estar. Podes intentar afastarte del, pero sempre te recordará onde está o teu camiño. Así que si, este ano pasado foi unha experiencia realmente iluminadora para min".

En setembro de 2012 Bosnian Rainbows iniciou a súa primeira xira baixo o nome de Omar Rodriguez Lopez Group, con Rodríguez-López destacando, "A xira foi organizada cinco meses antes de empezala, e ía ser outra xira en solitario, pero nalgún momento decidín iniciar e facer un esforzo en equipo. Así que quedou reservado dun xeito, pero intentei deixar claro cada noite que era un novo grupo, e estes son os nomes dos músicos, e "grazas"". A banda decidiu ensaiar nos Clouds Hill Studios en Hamburgo, Alemaña, e tamén usou o estudio como unha base para a xira. Rodríguez-López e Johann Scheerer, fundador do Clouds Hill coñecéranse en 2009 nas gravacións do proxecto de Johann Taka-Takaz. Durante os ensaios Bosnian Rainbows gravou unha sesión ao vivo, que foi editada nun vinilo de 10 polgadas e nun DVD como parte da box set de edición limitada Live at Clouds Hill en decembro de 2012. Tras a parte europea da xira a banda regresou ao estudio para gravar o seu álbum de estrea. O disco foi gravado e producido por Scheerer e agardábase para a primavera de 2013.

Recordando as influencias e estética da banda, Rodríguez-López destacou, "Estas son cancións moito máis curtas e máis precisas [que as de The Mars Volta]. Aínda teñen espazos que se estenden, pero o que quero dicir é que son as mesmas influencias que tiven na meirande parte das miñas composicións e das da xente nas miñas bandas. Can está aí, Siouxsie and the Banshees está aí, Gang of Four está aí, todo o de Led Zeppelin, o que sexa... todas esas cousas están aí, son só elementos diferentes desas cousas. Falo máis curto. É máis básico, máis marcado. A cara moi melódica de Can; a cara moi textural de Siouxsie. colles todos eses elementos, e toma elementos que quizais non estabas explorando antes.

O 23 de xaneiro de 2013 a banda editou o seu primeiro sinxelo, titulado "Torn Maps", a través de Soundcloud. Posteriormente, a canción foi publicada como sinxelo dixital a través da páxina de Bandcamp do grupo. O 12 de febreiro de 2013, a súa segunda canción de estudio, "Turtle Neck", foi editada a través das páxinas de Soundcloud e Bandcamp da banda.

O álbum de estrea da banda, Bosnian Rainbows, foi publicado en todo o mundo a través do selo Clouds Hill Ltd o 25 de xuño de 2013.

O 4 de outubro de 2016 anunciouse que Teri e Omar uniríanse aos membros de Melvins Buzz Osborne e Dale Crover nunha nova banda chamada Crystal Fairy.

Membros

Teri Gender Bender - voces principais Omar Rodríguez-López - guitarra, coros e teclados Deantoni Parks - batería e teclados Nicci Kasper - sintetizadores e teclados

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBosnian Rainbows2013Clouds Hill, Sargent House, Rodriguez Lopez Productions

Notas

Categoría:Grupos musicais de El Paso, Texas Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de rock electrónico Categoría:Grupos musicais formados en 2012