Sarraounia é un filme histórico de 1986 escrito e dirixido por Med Hondo. Baséase nunha novela do mesmo nome do autor nixeriano Abdoulaye Mamani, quen tamén escribiu o guión. A novela e o filme contan a historia real da batalla de Lougou entre a raíña Sarraounia dos azna (hausa animistas) e o exército das tropas coloniais francesas da Misión Voulet-Chanoine en 1899. Sarraounia foi unha dos poucos líderes tribais africanos que resistiu o avance dos expansionistas franceses Paul Voulet e Julien Chanoine. O filme gañou o primeiro premio no Festival de Cinema e Televisión Panafricanas de Uagadugú e foi ben acollido pola crítica.

Personaxes Aï Keïta como Sarraounia Jean-Roger Milo como Capitán Voulet Féodor Atkine como Chanoine Didier Sauvegrain como Doutor Henric Roger Miremont como Tenente Joalland Luc-Antoine Diquéro como Tenente Pallier Jean-Pierre Castaldi como Sarxento Boutel

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua diula Categoría:Filmes en lingua fula Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Mauritania Categoría:Filmes de Burkina Faso