Leonardo Fernández Souto, nado en Líncora (Chantada), foi un político galego.

Traxectoria Secretario do Partido Galeguista de Chantada a finais da República, foi o presentador do mitin de Castelao en Chantada o 31 de maio de 1936, para pedir o SI para o plebiscito do Estatuto. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado en Valencia en 1947.Procedimientos Judiciales. Tribunal Militar Territorial 1º. Listado de encausados Participou na homenaxe a Rosalía promovida polo grupo Brais Pinto en Madrid en 1968. Funcionario civil do Corpo Especial de Mecánicos Condutores do Ministerio do Exército, xubilouse en 1974.Boletín do Ministerio de Defensa, 71, 26-3-1974, p. 1372. Pasou os últimos anos na Residencia de Anciáns de Chantada.La Voz de Galicia, Lugo, 22-4-1984, p. 24. Escondeu no faiado da súa casa varios documentos do Partido Galeguista que hoxe están no Museo de Lugo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Exposición de Ben-Cho-Sei en Lugo

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes