SG̲aawaay Ḵ'uuna (IPA: [sɢ̥aːwaːj qʼuːna]; tamén coñecido co seu título en inglés: Edge of the Knife) é un filme canadense de 2018 dirixido por Gwaai Edenshaw e Helen Haig-Brown. É o primeiro filme falado só en dialectos da lingua haida. Ambientado no arquipélago de Haida Gwaii no século XIX, narra unha historia clásica do pobo haida sobre un home traumatizado e varado que se tranforma en Gaagiixiid, o salvaxe.

Sinopse Durante o verán, dúas grandes familias haida reúnense para o seu retiro anual de pesca no arquipélago de Haida Gwaii. Adiitsʹii, un nobre encantador, causa a morte accidental do fillo do seu mellor amigo Kwa, polo que marcha só ó salvaxe. Adiitsʹii está atormentado polo que fixo e entra nunha espiral de tolemia, converténdose en Gaagiixiid, un ser sobrenatural que tolea de fame. Inesperadamente sobrevive o inverno e na reunión do ano seguinte, as familias tentan converter a Gaagiixiid de novo en Adiitsʹii, ó tempo que Kwa loita contra o seu desexo de vinganza.

Personaxes Tyler York como Adiitsʹii / Gaagiixiid Willy Russ como Kwa Adeana Young como Hlaaya, muller de Kwa e nai de Gaas. Greg Brown como Gaasʹ Xaantsʹii, fillo de Kwaa e Hlaaya. A súa morte provoca a tolemia de Adiits'ii

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua haida Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes das Primeiras Nacións Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes ambientados no século XIX