Jeanne Paule Henriette Rachel Magre, coñecida como Jane Dieulafoy, nada en Tolosa o 29 de xuño de 1851 e finada en Château de Langlade, Haute-Garonne o 25 de maio de 1916, foi unha arqueóloga, exploradora, novelista e xornalista francesa. Casou co célebre arqueólogo Marcel-Auguste Dieulafoy. Ela e mailo seu marido son coñecidos polas súas escavacións en Susa.
Traxectoria Jane Dieulafoy naceu como Jeanne Paule Henriette Rachel Magre no seo dunha familia de comerciantes acomodados en Tolosa, Francia. Estudou no convento da Asunción de Auteuil nun suburbio de París entre 1862 e 1869. Alí recibiu unha educación clásica e amosou destreza no debuxo e na pintura.
En 1869, abandonou o convento e coñeceu a Marcel Dieulafoy, enxeñeiro de pontes e camiños e un afeccionado da arqueoloxía e da arte, con que casou o 11 de maio de 1870, cando tiña 19 anos. Ese mesmo ano comezou a Guerra franco-prusiana e Marcel alistouse como voluntario e foi enviado á fronte como capitán de enxeñeiros no exército do Loira. Jane acompañouno levando un uniforme masculino de soldadoAdams (2010), p 49 e loitando ao seu carón.New York Times (1916) Ao remate da guerra, Marcel quedou a cargo dos edificios municipais e os monumentos históricos de Tolosa e, pouco despois, foi nomeado arquitecto dos Monumentos históricos baixo a dirección de Viollet-le-Duc.
Interese pola arqueoloxía Durante os dez anos seguintes, a parella percorreu Exipto e Marrocos para realizar diversos traballos de exploración arqueolóxica. Marcel deviña cada vez máis interesado na relación entre arquitectura oriental e a occidental, e en 1879 decidiu adicarse totalmente á arqueoloxía.Cohen & Joukowsky (2006), p. 39 alt=An illustration of a Persian bazaar in Shiraz|esquerda|miniatura|Bazar Vakil de Shiraz, visto por Jane Dieulafoy en 1881. Entre 1881 e 1882, os Dieulafoy visitaron Persia por primeira vez, comisionado polo Ministerio de Educación e Belas Artes para ir na procura das orixes da arquitectura occidental. Posteriormente, regresarían dúas veces máis. Nesta primeira viaxe a Persia, tomaron un cargueiro dende Marsella a Constantinopla, despois cunha barca rusa até Poti na costa leste do Mar Negro e, finalmente, a través do Cáucaso e vía Azerbaidján chegaron a Tabriz.Cohen & Joukowsky (2006) , p. 41 Desde alí viaxaron durante catorce meses por Persia, a Teherán, Isfahán e Shiraz. Jane documentou as exploracións da parella con fotografías de tódolos monumentos, mesquitas, pontes etc. Igualmente, foi anotando, diariamente e con ilustracións, as reunións oficiais que realizaron cos representantes da autoridade, describiu os caravasares e as cidades que cruzaban en caravanas, informou aos lectores da historia do país, da gran miseria da sociedade e da crueldade dos seus líderes; así como o refinamento dos modos e a gastronomía. Mesturou descrición, anécdotas e feitos históricos. Por exemplo, estaba decepcionada polo ruinoso estado ruinoso de Isfahán, cuxos barrios estaban medio destruídos e os xardíns abandonados. Tamén describiu, en detalle, a súa longa estadía cos armenios de Djolfa e as persecucións que sofreron. Tódolos sucesos das viaxes foron publicados, posteriormente, en dous volumes.Calmard (1995)
Jane Dieulafoy, que falaba persa, levaba un diario non só sobre as cuestións arqueoloóxicas sençón tamén sobre o a sociedade persa, que se foi publicando, de 1883 a 1886, na revista Le Tour du monde. Posteriormente, en 1887, publicouse na editorial Hachette en formato libro co título La Perse, Chaldée, Susiane.
En 1883, a parella retorna a Persia para busca-la cidade de Susa onde atoparon numerosos obxectos e decubriron o Friso dos Leóns do palacio de Darío, a rampla das escaleiras do palacio de Artaxerxes III e, finalmente, o Friso dos Arqueiros, que transportaron a Francia para depositalo e exhibilo no Museo do Louvre Adams (2010), p. 42 onde se inauguraron, o 20 de outubro de 1886, as dúas "Salle Dieulafoy", que se adicaron para conter os obxectos de arte persa conseguidos durante as misións de 1885 e que seguen expostos no momento presente. Por estas contribucións o presidente Carnot entregoulle o título de Cabaleiro da Lexión de Honra o 20 de outubro de 1886. De novo, publicará, este novo diario en 1888 co título: En Susa, Journal of Excavations, 1884-1886.
A pesar dos seus éxitos e sona, os Dieulafoy non puideron conseguir novas misións arqueolóxicas polo que percorrerán países máis próximos; entre 1888 e 1914, Jane e Marcel, viaxaron en vinte e tres ocasións a España e Marrocos. O resto do tempo levan unha vida mundana en París onde Jane frecuentaba o Salón da condesa Diane de Beausacq e solicitou, e obtivo, unha licenza de travestismoA "licenza de travestismo" era un permiso, obrigatorio, que emitía a Prefetura de Policía en Francia a partir do 16 de Brumario do ano IX (7 de novembro de 1800), para que unha muller puidera empregar roupas masculinas, e que non foi revogado até xaneiro de 2013., para poder vestir con roupa masculina. miniatura|Placa no nº 12 da rúa Chardin (16º distrito de París), antiga sede da Sociedade de Socorro para feridos (actual Cruz Vermella); regalo de Marcel e Jane Dieulafoy. Desta época son as súas dúas novelas: Parysatis (1890) ambientada na antiga Susa, que foi alabada pola Academia Francesa e da que Camille Saint-Saëns adaptou un libreto para ópera que se estreou no Théâtre des Arènes de Béziers, o 2 de agosto de 1902; e Déchéance, publicada en 1897 e que fracasou, polo que decidiu volver á literatura de libros de viaxes e estudos históricos.
Ao estourar, en 1914, a Primeira guerra mundial, Jane defende a integración das mulleres no exército e cando Marcel é mobilizado como coronel de enxeñeiros e enviado a Rabat, ela decide acompañalo. Alí, dirixirá os traballos de escavación da mesquita de Hassan e planeou explora-la cidade romana de Volubilis, mais a súa saúde decaeu ao contraer amebíaseAdams (2010), pp. 61 e tivo que volver a Francia onde morreu o 25 de maio de 1916, na leira familiar de Langlade en Pompertuzat . A parella, que non tiña fillos, legou a súa casa, no número 12 da rúa Chardin en París, á Cruz Vermella de Francia que segue a ter unha oficina nese domicilio.Gran-Aymeric (1991), p. 311
Travestismo alt=Jane and Marcel Dieulafoy|miniatura|Jane (á esquerda, con roupa masculina) co seu marido. Jane Dieulafoy comezou a vestirse con roupa masculina cando combateu xunto a Marcel durante a Guerra franco-prusiana e continuou vestindo así ao volver. Tamén prefería vestir así, e cortou o cabelo, durante as viaxes porque doutro xeito, para unha muller, era difícil poder viaxar libremente nun país musulmán.
Ao retornar a Francia, dado que ese costume ía contra a lei, recibiu unha "licenza de travestismo" do prefecto da Policía. É difícil establece-los motivos de Jane Dieulafoy para escoller a roupa masculinaIrvine (1999), pp. 13-23 e aínda que ela declarou "Só fago isto para gañar tempo. Compro traxes a medida e emprego o tempo que gaño deste xeito para traballar máis",Adams (2010), p. 56 nas súas obras de ficción incluíu moitos personaxes que se travestían , polo que poida que fose algo máis que simple conveniencia
Dieulafoy considerábase en igualdade co seu marido e ao mesmo tempo foille absolutamente leal rexeitando a idea do divorcio por considerar que denigraba a muller.Adams (2010), p. 57
Foi membro do xurado do premio Femina de literatura dende a súa creación en 1904 até a súa morte.Irvine (2008), pp. 10-11
Obras Traballos publicados importantes:
La Perse, la Chaldée, la Susiane (1887). París: Hachette À Suse, journal des fouilles 1884-1886 (1888). París: Hachette Parysatis (1890). París: Lemerre Volontaire 1792-1793 (1892).París: Armand Colin Rose d'Hatra et l'Oracle (1893). París: Armand Colin Frère Pélage (1894). París: Lemerre Conférence sur les fouilles de Suse (1897). Rouen: Léon Gy Déchéance (1897). París: Lemerre Aragon et Valence (1901). París: Hachette Parysatis (1902). Drama lírico en 3 actos e 1 prólogo. Théâtre des Arènes en Béziers (música Camille Saint-Saëns). L'Épouse parfaite de Luis de León (traduction), París, Bloud, 1906 Castille et Andalousie (1908). París: Hachette L'Œuvre littéraire de Madame Barratin (1912). París: Lemerre Isabelle la Grande (1920). París: Hachette Une amazone en Orient. Du Caucase à Persépolis 1881-1882 (1987). París: Phébus L'Orient sous le voile. De Chiraz à Bagdad 1881-1882 (1990). París: Phébus En mission chez les Immortels, Journal des fouilles de Suse 1884-1886 (1990). París: Phébus
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Jane Dieulafoy en Archive.org
Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Arqueólogos de Francia