A tempada 2019-2020 da OK Liga foi a 51ª edición da máxima categoría do hóckey a patíns español.
A expansión por España da pandemia por coronavirus provocou a suspensión do campionato, dándose por vencedor ao FC Barcelona, líder da liga no momento da suspensión.
Sistema de competición A liga constou de 14 equipos, sendo o sistema de competición o dunha liga regular de todos contra todos e a dobre volta, onde os primeiros dez clasificados xogarían un play-off polo título e as prazas europeas mentres que os catro últimos xogarían un play-out pola permanencia.
Con todo, a pandemia por coronavirus paralizou a competición en marzo, antes de que se disputase a última xornada da liga regular, sendo esta máis tarde suspendida definitivamente. O FC Barcelona, primeiro clasificado, foi declarado vencedor e os postos europeos repartíronse segundo a clasificación nese momento. Non houbo descensos.
Equipos Por primeira vez dende que a competición adoptou a súa denominación actual na tempada 2001-02, todos os equipos que tomaron parte na competición foron cataláns coa excepción do conxunto galego do HC Liceo da Coruña.
EquipoCidadeEstadioAdestradorFC Barcelona Barcelona Palau Blaugrana Edu CastroC.P. Calafell Calafell Joan Ortoll Ferran LópezCH Caldes Caldes de Montbui Torre Roja Eduard CandamiGirona CH Xirona Palau II Ramon BenitoIgualada HC Igualada Les Comes Francesc LinaresHC Liceo A Coruña Riazor Juan CopaLleida Llista Blava Lleida 11 de Setembro Albert FolgueraC.H. Lloret Lloret de Mar Municipal Oriol PerarnauCE Noia Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola Pere VariasCH Palafrugell Palafrugell Pavelló Municipal Xavier GarcíaReus Deportiu Reus Pazo dos Deportes Jordi GarcíaCP Taradell Taradell El Pujoló Ferran MorenoClub Patí Vic Vic Olímpico de Vic Quim LópezCP Voltregà Sant Hipòlit de Voltregà Municipal Manolo Barceló
Clasificación PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG1FC Barcelona7225240115843115Clasificados para a Liga Europea2Deportivo Liceo6125201412651753CE Noia Freixenet492515468960294Reus Deportiu Miró472514568472125Garatge Plana Girona CH412511865464-10Clasificados para a Copa WSE6CH Caldes Recam Làser402511778777107Igualada Rigat HC402513111929208CP Calafell Tot L'Any36251069686179CE Lleida Llista Blava252574146188-2710CP Voltregà Stern Motor212556144568-2311Corredor Mató CH Palafrugell2125631651104-5312CP Taradell1625441747100-5313CH Lloret Vila Esportiva152543184689-4314CP Vic132534184988-39 Goleadores PosXogadorEquipoGoles1 Pablo ÁlvarezFC Barcelona382 Marc GrauDeportivo Liceo343 Àlex RodríguezReus Deportiu Miró324 Pau BargallóFC Barcelona325 João RodriguesFC Barcelona326 Jordi MéndezIgualada Rigat HC317 Dava TorresDeportivo Liceo268 Marc JuliàReus Deportiu Miró219 Ignacio AlabartFC Barcelona1910 Ferran GarcíaCorredor Mató CH Palafrugell1911 Xavi CostaNoia Freixenet19 Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Federación Española de Patinaxe .
Categoría:Hóckey a patíns en 2019 Categoría:Hóckey a patíns en 2020 Categoría:Tempadas da OK Liga