Diego Piña Esteves, nado en Tui o 17 de decembro de 1986, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Traxectoria En 2014 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, en Moscova, na categoría K2 500 metros, xunto a Rubén Millán, finalizando en sexta posición.

Gañou a medalla de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2016, celebrado en Pontevedra, na categoría de K2, formando parella co tamén tudense Iván Alonso. Ese mesmo ano competiu tamén con Iván Alonso no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón celebrado en Brandeburgo, finalizando en quinta posición.

Palmarés internacional Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2016 Pontevedra () Ouro K2

Notas

Ligazóns externas Páxina oficial de Diego Piña Esteves (en español).

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1986