Stýdent (en ) é un filme kazako de 2012 dirixido por Darezhan Omirbaev. É unha adaptación da novela de Fiódor Dostoievski Crime e castigo. O filme competiu na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012.
Acollida Leslie Felperin de Variety escribiu: "Ó igual que fixo con Killer, Omirbayev ofrece outra vez un retrato tranquilamente mordaz da súa patria que, como se amosa aquí, está ó bordo de perder a súa alma na procura de Range Rovers, telenovelas banais e outros praceres efémeros. ... É moi de admirar no filme o tempo elegantemente clásico e o xeito en que Omirbayev consegue tanto con tan pouco[.]"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua kazaka Categoría:Filmes de Kazakhstán Categoría:Filmes dirixidos por Darezhan Omirbaev