é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003. Ó contrario que a adaptación anterior, Brotherhood é case unha adaptación directa dos eventos da historia orixinal do manga. Foi anunciada por vez primeira no volume tankōbon número 20 do manga.Animage Editorial Staff (outubro de 2008). "鋼の錬金術師 新シリーズ" (en xapanés). Animage (Toquio, Xapón: Tokuma Shoten) 364 (outubro de 2008): 67. No Xapón, diferenciouse da versión de 2003 pola inclusión do inglés no título. A serie estreouse o 5 de abril de 2009, substituíndo Mobile Suit Gundam 00 na programación, e emitiuse semanalmente até o seu derradeiro episodio o 4 de xullo de 2010. As actrices de dobraxe Romi Park e Rie Kugimiya retomaron os seus papeis como os personaxes de Edward e Alphonse Elric, respectivamente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Fullmetal Alchemist: Brotherhood Páxina oficial de Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2010