Dungen é unha banda sueca de rock baseada en Estocolmo. Adoita a ser clasificado como un grupo de rock psicodélico, aínda que tamén está influenciado pola música folk (principalmente a sueca), o rock clásico, o rock progresivo, o garage rock o rock alternativo.

A banda está liderada polo vocalista e compositor Gustav Ejstes, que compón toda a música e toca a meirande parte dos instrumentos nos discos do grupo. A pesar diso, Dungen toca ao vivo como un cuarteto. Ejstes, que na súa adolescencia comezou a compoñer hip hop, está acompañado nos concertos polo veterano músico sueco de rock progresivo Reine Fiske (Landberk, Morte Macabre, Paatos, The Amazing) na guitarra, polo baixista Mattias Gustavsson (Life On Earth!), e polo batería Johan Holmegard (que substituíu a Fredrik Björling), que tamén gravan algunhas partes dos álbums de estudio de Dungen.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloDungen2001Subliminal SoundsStadsvandringar2002Dolores Recordings, AstralwerksTa det lugnt2004Subliminal Sounds, Kemado Records, Dew ProcessTio bitar2007Subliminal Sounds, Kemado Records, Dew Process, Vroom-Sound42008Subliminal Sounds, Kemado RecordsSkit i allt2010Subliminal Sounds, Mexican SummerAllas sak2015Smalltown Supersound, Mexican SummerHäxan2016Smalltown SupersoundÄr för mycket och tusen aldrig nog2022Mexican Summer

EPs Álbum Ano Selo Ta det lugnt / Tyst minut 2005 Subliminal Sounds Samtidigt 2009 Kemado Records

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Estocolmo Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais de jazz-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1999