O Festival Internacional de Cinema de Tesalónica (en ) é un festival de cinema que se celebra anualmente na cidade grega de Tesalónica. O festival é unha competición internacional con numerosos premios cada ano, sendo o máis destacado o "Alexandre de Ouro" para o mellor filme.

Historia miniatura|240px|Teatro "Olympion", onde se celebra o festival. Festival de Cinema Grego (1960-1991) O primeiro período do Festival de Cinema de Tesalónica comeza en 1960 e remata en 1991. Durante este período o festival amosou exclusivamente filmes gregos. As primeiras edicións do festival celebráronse baixo a modesta "Semana do Cinema Grego". Dende 1965 até 1991 o festival foi nomeado "Festival de Cinema Grego". Durante eses anos, o festival pasou a través de diferentes fases. Os primeiros anos, o festival foi un importante evento social coa aparición de celebridades locais. Durante a xunta militar grega (1967-1974) produciuse unha época de censura. Durante a Metapolitefsi a nova xeración de directores gregos dominaron os galardóns, mais ó mesmo tempo o festival fíxose cada vez máis politizado con dous grupos opostos. A tensión entre os dous grupos acadou o seu pico en 1977, cando o festival quedou dividido en dous. A división durou só un ano. Durante a década de 1980, a importancia do festival declinou até 1992, cando evolunionou nun importante festival internacional de cinema.

Gañadores do Alexandre de Ouro miniatura|240px|Conferencia con John Malkovich e Georges Corraface. Ano Filme Director Orixe 1992 Orlando Sally Potter Dance in the Night Aleko Tsabadze 1993 Ap' to chioni Sotiris Goritsas 1994 Dōng chūn de rìzǐ Wang Xiaoshuai 1995 Yóuchāi He Jianjun 1996 Brothers in Trouble Udayan Prasad 1997 Road to Nhill Sue Brooks 1998 Fishes in August Yōichirō Takahashi 1999 Xǐ zǎo Zhang Yang 2000 Last Resort Paweł Pawlikowski 2001 Tirana viti 0 Fatmir Koçi 2002 Woman of Water Hidenori Sugimori S̄ud s̄aǹeh̄ā Apichatpong Weerasethakul 2003 The Last Train Aleksei German 2004 Bitter Dream Mohsen Amiryousefi 2005 Een ander zijn geluk Fien Troch 2006 Gajokeui tansaeng Kim Tae-yong 2007 Hóngsè kāngbàiyīn Cai Shangjun 2008 Over There Abdolreza Kahani 2009 Ajami Scandar Copti e Yaron Shani / 2010 Periferic Bogdan George Apetri 2011 Twilight Portrait Angelina Nikonova 2012 Kapringen Tobias Lindholm 2013 La jaula de oro Diego Quemada-Díez 2014 La Tirisia Jorge Perez Solano 2015 Hrútar Grímur Hákonarson 2016 Deadly Wheelchairs Attila Till 2017 Korparna Jens Assur 2018 Ray & Liz Richard Billingham 2019 O que arde Óliver Laxe

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Festival Internacional de Cinema de Tesalónica

Categoría:Festivais de cinema de Grecia