Betty é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal alternativo Helmet, publicado o 21 de xuño de 1994 a través do selo Interescope Records. O disco foi moi esperado polos críticos e polos fans como resultado do éxito da banda co álbum anterior, Meantime. Trátase do álbum de Hemlet que máis arriba chegou nas listas estadounidenses.

Rob Echeverria (guitarrista da banda hardcore de Nova York Rest In Pieces) substituíu a Peter Mengede na guitarra. Despois de gravar e xirar promovendo o álbum, Echeverria deixou Helmet en 1995 para unirse a Biohazard; porén, a súa saída foi máis amigable que a de Mengede.

Antes do lanzamento de Betty en xuño de 1994, o seu principal éxito, "Milquetoast", apareceu nunha forma alternativa na banda sonora de The Crow "Milktoast." O seu vídeo foi emitido regularmente pola MTV, e tamén se editaron vídeos para "Wilma's Rainbow" e "Biscuits For Smut".

Listaxe de cancións

Listaxe de canción de Amphetamine Reptile

Categoría:Álbums de Helmet Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Butch Vig Categoría:Álbums de Interscope Records