miniatura|dereita|Abrelatas Un abrelatas é unha ferramenta utilizada para abrir latas de conserva.
Características As primeiras latas de conserva abríanse utilizando coitelos, ciceis ou rochas. En 1858, o norteamericano Ezra Warner patentou o primeiro abrelatas. Era un aparello enorme, difícil de usar que consistía nunha especie de fouce que tiña que se introducir á forza na lata. En 1870 William Lyman deseñou o primeiro abrelatas moderno.
Abrelatas de peto O abrelatas de peto foi patentado por José Valle Armesto,El abrelatas, un pionero utensilio con sello buronés, El Progreso, 12 de setembro de 2018 . a comezos do século XX.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Abridor
Categoría:Utensilios de cociña