Manuel Blanco Desar, nado en Santiago de Compostela en 1965, é un escritor, economista e politicólogo galego.

Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), exerceu de avogado e de asesor xurídico no campo do dereito da competencia. A súa especialidade é a política europea, foi impulsor da Asociación Federalista Europea nos anos 90 do século XX. Ten colaborado en Diario 16, Atlántico Diario e La Voz de Galicia, centrándose no futuro das pensións e no problema demográfico.

Obra

En galego

Fuxir de Proxeira (2019). Edicións Fervenza. 108 páxs. Novela.

En castelán

Una sociedad sin hijos. El declive demográfico y sus implicaciones (2018). ED libros. 232 páxs.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Presentación de Una sociedad sin hijos no programa As Luces

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela