Raúl III de Valois tamén chamado Raúl III de Vexin (por ser da casa condal de Vexin, aínda que nunca foi conde de Vexin) ou Raúl de Mantes. Xenealoxía de Raúl de Mantes no enderezo Medieval Lands , finado en 1060, foi conde de Valois. Era fillo de Gautier II o Branco (m. despois de 1017], conde de Vexin e de Amiens. Foi conde entre 1017/1024 e 1038.

Traxectoria Á morte do seu pai, para preservar o patrimonio familiar, os dous fillos mais vellos (Raúl e Dreux) De feito había un segundo fillo, Folque, que foi bispo de Amiens; o pequeno, Guido, debía ser moi novo. compartiron os condados. Dreux, o grande, recibiu o Vexin e Amiens e seguiu sendo fiel ao rei Capeto, mentres que Raúl obtivo o Valois e achegouse ao conde de Blois, máis tarde conde de Troyes e Meaux. Durante o seu goberno, o conde de Vermandois apoderouse do condado de Montdidier (excepto Coucy e Ramerupt), pero Raúl III arrebatoulloDespois o seu fillo Raúl IV consolidou os dereitos por matrimonio con Leonor señora de Péronne, con dereitos sobre Montdidider.

Casou con Adela de Breteuil, filla de Gilduíno, señor de Breteuil, vizconde de Chartres, e de Emmelina. Tiveron a:

Raúl IV de Valois, III de Vexin e Amiens, chamado o Grande (m. 1074), conde de Valois e despois de Vexin e Amiens (Raúl III). Teobaldo (Thibaut). Quizais tiveran outro fillo, Gautier, que foi señor de Guise en 1058Dominio que se tería consolidado de maneira hereditaria á abdicación de Simón de Vexin en 1077.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pierre Bauduin, La Première Normandie (Xe-XIe siècles) Édouard de Saint Phalle, «Les comtes de Gâtinais aux Xe et XIe siècle», en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000, 310 páxs. (), páxs. 230-246 Ligazóns externas Fundación para xenealoxía medieval: Condes de Valois e de Vexin

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 1060 Categoría:Condes de Valois