Ulrich Beck, nado en Stolp o 15 de maio de 1944 e finado en Múnic o 1 de xaneiro de 2015, foi un sociólogo alemán, profesor da Universidade de Múnic e da London School of Economics.

Estudou aspectos como a modernización, os problemas ecolóxicos, a individualización e a globalización. Nos seus últimos anos embarcouse tamén na exploración das condicións cambiantes do traballo nun mundo de crecente capitalismo global, de perda de poder dos sindicatos e de flexibilización dos procesos do traballo, unha teoría arraigada no concepto de cosmopolitismo. Tamén contribuíu con novos conceptos á socioloxía alemá, incluída a chamada «sociedade do risco» e a «modernidade reflexiva».

Características da "sociedade do risco" Beck define a sociedade do risco como a fase de desenvolvemento da sociedade moderna onde os riscos sociais, políticos, económicos e industriais tenden cada vez máis a escapar das institucións de control e protección da sociedade industrial.

Pódense distinguir oito características destacadas: Os riscos causan danos sistemáticos a miúdo irreversibles. A repartición e o incremento dos riscos seguen un proceso de desigualdade social. Risco, negocio con dobre causa; risco e oportunidades de mercado. Hai un baleiro político e institucional. Os movementos sociais son a nova lexitimación. As fontes que daban significado colectivo aos cidadáns están en proceso de "desencantamento". Nas novas sociedades recae no individuo un proceso de "individualización" a través dunha desvinculación das formas tradicionais da sociedade industrial e unha revinculación con outro tipo de modernización. As fontes colectivas que dan significado á sociedade esgótanse, e o individuo busca de xeito independente unha identidade na nova sociedade. "En situacións de clase, o ser determina a conciencia, mentres que en situacións de risco é ao revés, a conciencia determina o ser". Retorno da incerteza; risco como recoñecemento do impredicible e das ameazas da sociedade industrial. Na sociedade reflexiva, a sociedade convértese nun problema para ela mesma. A sociedade reflexiva convértese nun concepto postindustrial no cal non pensaran os clásicos como Max Weber.

O seu pensamento Pódese ver como ao longo das súas obras Beck se sitúa nunha posición crítica, enfrontándose ás correntes do posmodernismo. Desta maneira, e xunto con Giddens, Bauman e Scott Lash, defende a socioloxía reflexiva, para non abandonar a análise crítica fronte aos problemas actuais. Beck achégase aos problemas da nova sociedade, que non son os mesmos que describía a socioloxía das sociedades precedentes, e atopa unha fonte de incerteza, inseguridade e riscos. A sociedade posmoderna asume unha carga de risco na súa propia identidade que encerra unha grave contradición: o perigo de supervivencia da especie. A "rendibilidade" do sistema corre o risco da incerteza; non parte da asunción da seguridade e dun escenario sustentable en termos ecolóxicos, senón que coñece que existen marxes de perigo para a especie cunha cobertura que non é, paradoxalmente, prioritaria nun sistema guiado pola obtención de beneficios e unha representación retórica da racionalidade que oculta a racionalidade. Os medios de comunicación teñen un papel moi importante na representación dos riscos e a procura de solucións, aumentando o poder e o control social. O pensamento de Beck está marcado polas constantes dunha sociedade sometida a fortes riscos e a procesos de individualización. Para el a actualidade fórmase coas noticias das catástrofes ecolóxicas, as crises financeiras, o terrorismo, as guerras preventivas.

Beck distingue unha primeira modernización, que discorre ao longo da industrialización e a creación da sociedade de masas, dunha "segunda modernización", propia dunha sociedade que tende á globalización e está en constante desenvolvemento tecnolóxico. Na era industrial a estrutura cultural e social era a familia, pero logo ese núcleo rompe dando lugar á individualización, aumentándose a incerteza do individuo na sociedade de risco. Parece ser que isto é produto do neoliberalismo económico, e non só afecta o plano persoal, senón tamén ás institucións.

Con respecto ao seu pensamento no campo da política, di que non é preciso redactar novas normas, senón que hai que adaptar as existentes á realidade social e ás necesidades do momento. Débese, segundo Beck, contrarrestar o excesivo peso do mercado e os seus efectos, e ampliar o círculo social e cultural do individuo, co obxectivo de alcanzar un equilibrio e diminuír a incerteza. Ademais, ve necesario que os antigos estados nacionais cambien e comecen un proceso de cohesión internacional e cooperación, recoñecendo a diversidade e individualidades, para poder abordar preparados esta segunda modernidade.

Recepción e crítica Aínda que Ulrich Beck foi un dos pioneiros en adaptar o asunto do risco ás categorías sociolóxicas existentes, algúns autores critican a súa postura por considerala "alarmista". Niklas Luhmann suxire que Beck non distingue conceptualmente a diferenza entre ameaza e risco. Mentres a primeira é imposta ao suxeito sen ningunha posibilidade de evitar os seus efectos, o risco atópase determinado por unha decisión previa por medio da cal os seus efectos poden ser evitados (continxencia). Os que na vida real toman as decisións nunca enfrontan os riscos.Luhmann, N. 2006. Sociología del Riesgo. México, Universidad Iberoamericana. Anthony Giddens, pola súa banda, prefire desenvolver unha idea de risco asociado á fiabilidade. O suxeito non coñece a complexidade do mundo circundante nin as posibles consecuencias das súas decisións. Pode decidir entregarse á "divindade" anulando todos os riscos, ou confiar no sistema experto tomando a decisión e xerando un risco.Giddens, A. 1990. The Consequences of Modernity. Stanford, CA: Stanford University Press. Cass Sunstein argumenta que vivimos en sociedades onde os riscos parece que se multiplicaron, mais iso débese a certos rumbos cognitivos que maximizan certas situacións á vez que minimizan outras. Para Sunstein, a diferenza de Beck, existen os riscos obxectivos, que deben ser suxeitos a planificación rigorosa, e os riscos subxectivos, a maioría deles construídos irracionalmente.Sunstein, C. 2006. Riesgo y Razón: Seguridad, ley y medio ambiente. Buenos Aires, Editorial Katz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Professor Ulrich Beck – his staff page at the LSE Homepage of Prof. Dr. Ulrich Beck Ideas radio show, discusses Ulrich's concepts of risk in science and society New media artwork inspired by Ulrich Beck's work, created by eco-art collaborative EcoArtTech Interview with Ulrich Beck: “Nationalism does not leave much room for the recognition of others”, Barcelona Metropolis, 2009. Europe’s Times and Unknown Waters, Cluj-Napoca, Marga, Andrei (abril de 2009). "The society of risk? Ulrich Beck, Risikogesellshaft. Auf dem Weg in eine andere Moderne" Interview with Ulrich Beck: "Germany has created an accidental empire", London School of Economics, 2013.

Categoría:Nados no voivodato de Pomerania Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Sociólogos de Alemaña Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic