Ademaré un nome propio masculino portugués. A súa etimoloxía é incerta, mais pénsase que procedo do antigo alemán athal (nobre) e marus (célebre). Usouse na Francia medieval, latinizado como Adamarus ou Ademarus, e nos tempos modernos foi popular nos países de fala francesa, castelá e portuguesa.

En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Ademar, cunha media de idade de 30,8 anos.Ademar na Web do Instituto Galego de Estatística

Ademar noutras linguas Castelán: Aldemaro Catalán: Adelmar Francés: Adémar Italiano: Ademaro Portugués: Ademar

Personalidades Adémar de Chabannes, monxe francés (988 - 1034); Ademar Jordan, cabaleiro e trobador francés (m. 1212); Guilhem Ademar, trobador francés (m. 1217); Ademar lo Negre, trobador francés (m. 1219); Ademar de Alemcastre, personaxe literario da obra Filomeno, a mi pesar, de Gonzalo Torrente Ballester.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Club Balonmano Ademar León

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos portugueses